• Adíase a reapertura da piscina municipal de Melide

    Nas últimas semanas polas rúas de Melide podía verse un cartel da agrupación local do BNG no que daban conta de que o piscina municipal non abriría as súas portas antes do mes de novembro, e hai un par de semanas o Concello ratificou o seguinte: O Concello de...
  • El Onigiri con Botas visita A Tarde (Radio Galega)

    Esta tarde Hachiko e Selene de El Onigiri con Botas, tenda de artesanía friki que participou na pasada edición de RetroCoruña, visitaron os estudos da Radio Galega en Santiago de Compostela para comentar un pouco o que fan no programa A Tarde, reivindicando dese xeito a subcultura da que...
  • Linde Leira Fighter

    Pola web anda a rular unha imaxe do Linde Leira Fighter dende hai meses, e non sei de onde sairía a idea, pero quería soltala por aquí por se a alguén se lle dá por facer o xogo para móbil 😀 Coido que só por imaxinar os ataques especiais...
  • ¿Poden os cans ver a televisión? ¿E en 3D?

    Os tolos de LG atoparon un xeito moi divertido de amosar os seus televisores con LG Cinema 3D empregando cans: O vídeo resultoume simpático, pero teño a impresión de que estamos ante casos de cans adestrados, por varios motivos: – os cans teñen problemas para interpretar as imaxes dos...
  • ¡Rompe Ralph! ten novo trailer

    ¡Rompe Ralph!, a película de Disney que este outono promete converterse na Toy Story dos videoxogos, conta cun novo trailer no que confirman todas as boas sensacións que transmitía o teaser: O filme narra as aventuras do personaxe ao que hai que derrotar nun videoxogo dos anos 80 que...
  • ¿E se Apple non tivera presentado nada?

    Vén de rematar a presentación do novo iPhone 5, e finalmente confirmouse practicamente toda a información que se filtrara nos últimos días, polo que moitos sentíronse decepcionados, pero o que tería sido unha sorpresa de verdade é que Apple, agora que ten os petos cheos de cartos, decidise non...
  • Hoxe preséntase o novo iPhone

    Moitos afeccionados á tecnoloxía andarán esta tarde pendentes da presentación de Apple, na que é de agardar que a estrela sexa o novo iPhone, o que dende Mondo aproveitaron para facer un vídeo de coña… no que din moitas verdades (¡gastar, gastar!): Coido que este ano a presentación do...
  • RetroCoruña 2012 (e III): consumismo pixelado

    Para rematar o repaso de RetroCoruña habería que abordar o curioso equilibrio acadado entre exposición e xogos coa venda de produtos inspirados na cultura dos videoxogos clásicos, que permitía saír do evento con recordos moi representativos. O ano pasado xa piraca coa xenialidade do Floppyderno, que consiste en colocar...
  • RetroCoruña 2012 (II): as consolas

    RetroCoruña 2012 contou unha boa selección de consolas de videoxogos para uso público, entre as que destacaba a Vectrex, cun xogo vectorial de coches que deixou alucinada a Silvia, a quen o ano pasado escoitaramos nun relatorio sobre o desenvolvemento de videoxogos. Tamén era moi icónico o Duck Hunt...