As Cantareiras de Ardebullo estarán en Melide o sábado

En Melide podemos congratularnos polo feito de que este sábado pola noite a Casa da Cultura vai converterse no escenario dun espectáculo das Cantareiras de Ardebullo, Nucha e Mucha,...

En Melide podemos congratularnos polo feito de que este sábado pola noite a Casa da Cultura vai converterse no escenario dun espectáculo das Cantareiras de Ardebullo, Nucha e Mucha, ou sexa, os xeniais Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán, que non se conformar por acompañarnos na televisión cos seus programas especiais Nós, senón que recuperan os personaxes cos que saltaron á fama no Luar. Iso si, non me consta que Ghaioso vaia pasar por Melide na fin de semana.

A función das Cantareiras está programada para as 21:00 horas, e o seu prezo é de 12 euros no despacho de billetes, aínda que poden adquirirse de xeito anticipado por 10 euros en distintos puntos de venda en Melide e tamén na plataforma dixital de Abanca.

Eu non penso faltar, e confío en que o público melidense reciba como merece ao dúo máis popular da Galega. A ver se a Casa da Cultura non se vén abaixo coa aplausos!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS