A serie de YouTube 5 Facts, que curiosidades de películas, series de televisión, videoxogos, fenómenos de Internet e toda canta tolería se lle pasa pola cabeza aos seus responsables conseguiu hoxe superarse comentando 5 curiosidades sobre Batman, para o que contaron coa presenza do actor Adam West. Si, o auténtico Batman!
Se ben as curiosidades son de sobra coñecidas polos seareiros do gardián de Gotham (especialmente o detalle de que Bob Kane era un vampiro que chuchou o sangue a Bill Finger) a miña anécdota favorita é de sempre o detalle de que Cesar Romero non afeitase ao bigote cando facía do Joker na serie de Batman da Galega.
Loxicamente West non se pasou por este programa por casualidade, senón que está coa promoción da edición en DVD e Blu-ray da serie de televisión de 1966, que sae por primeira vez á venda en formato físico, e aínda que o DVD poida ter a súa lóxica (xa que o contido orixinal da serie está en 4:3), é a edición en Blu-ray a que incluirá unha auténtica barbaridade de extras que levarán a moitos a facerse con esta xoia que para min ten unha importantísima eiva: carece de pista de audio en galego.
Debe estar conectado para enviar un comentario.