A versión animada de The Killing Joke contará coa voz de Mark Hamill

Comic Book Resources disparou o hype até o infinito e máis aló ao confirmar que a adaptación animada de La Broma Asesina vai contar coas voces de Kevin Conroy...

killing_joke_CdiRvr0W0AACw0v

Hamill e ConroyComic Book Resources disparou o hype até o infinito e máis aló ao confirmar que a adaptación animada de La Broma Asesina vai contar coas voces de Kevin Conroy e Mark Hamill, o que é unha nova alucinante porque supón xuntar ás voces da serie de animación de Bruce Timm nunha longametraxe animada que os propios actores levaban anos agardando facer. De feito, Hamill anunciara a súa retirada da dobraxe, o que era unha mágoa porque para os estadounidenses el era o Joker, xa que foi o actor que máis veces o interpretou na historia (por moi raro que poida parecernos dende España).

Conroy puxo voz a Batman tamén durante máis de dúas décadas, pero Hamill aínda interpretou máis veces ao Joker, xa que tamén púxolle voz nos xogos da franquía Arkham, nas series animadas de Superman e a Liga da Xustiza e incluso nalgunhas películas animadas que saíron nos últimos anos, de xeito que aínda que normalmente asociemos a Hamill con Luke Skywalker, hai que recoñecer que a súa carreira está moito máis ligada co personaxe principal de The Killing Joke, obra mestra de Alan Moore e Brian Bolland, que grazas ao novo filme animado recuperará a visibilidade que tanto merece.

Aínda non hai data para a película animada, pero posiblemente vexa a luz a finais do verán.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • John Byrne volve aos X-Men ao seu xeito

    A figura de John Byrne está estes días de actualidade pola publicación en papel da continuación non oficial da súa etapa nos cómics de La Patrulla X, ata o...
  • Un mundo infernal

    Unha das series de televisión de máis éxito da miña infancia foi Dragones y Mazmorras, da que incluso puidemos ver adaptación en banda deseñada da serie e incluso unha...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Os Vingadores non iniciaron o lume

    A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...