Un mundo infernal

Unha das series de televisión de máis éxito da miña infancia foi Dragones y Mazmorras, da que incluso puidemos ver adaptación en banda deseñada da serie e incluso unha...

Unha das series de televisión de máis éxito da miña infancia foi Dragones y Mazmorras, da que incluso puidemos ver adaptación en banda deseñada da serie e incluso unha colección de libros de Timun Mas chamada Dungeons & Dragons: Los Jóvenes Dragones que tiña un formato tipo Elige Tu Propia Aventura.

Por sorte, a serie foi editada en DVD hai uns anos, polo que a súa preservación semella garantida, e así os que busquen material audiovisual con este nome poderán esquecer a patética película de Dungeons & Dragons protagonizada por Justin Whalin, Jeremy Irons, Bruce Payne, Thora Birch e outros artistas que probablemente prefiren esquecer tal produción que pretendía ser un blockbuster e quedou nun sucedáneo.

Pero vese que España non foi o único país no que Dragones y Mazmorras deixou unha grande pegada, e no Brasil son moitos os que gozaban da Caverna do Dragào no Show de Xuxa, o que provocou que o último anuncio do Renault Kwid Outsider sexa toda unha homenaxe á clásica serie televisiva.

Esta campaña fíxose con grande mimo, como podemos escoitar en boca dos seus responsables:

E para contribuír a esta frikada tamén publicaron unha serie de carteis para que cadaquén puidese ter o do seu personaxe favorito:

Iso di, do Amo do Calabozo, Uni, Venger e Tiamat non fixeron póster. Pero non podían estar en todo!

Cando menos saíron coa súa e conseguiron facer unha campaña publicitaria que sen dúbida vai viralizar, e logo a ver como conseguimos sacar da cabeza a cancionciña da serie… «Dragones y Mazmorras, un mundo infernal. Se oculta entre las sombras, la fuerza del mal». 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS