Hoxe preséntase o novo iPhone

Moitos afeccionados á tecnoloxía andarán esta tarde pendentes da presentación de Apple, na que é de agardar que a estrela sexa o novo iPhone, o que dende Mondo aproveitaron...

Moitos afeccionados á tecnoloxía andarán esta tarde pendentes da presentación de Apple, na que é de agardar que a estrela sexa o novo iPhone, o que dende Mondo aproveitaron para facer un vídeo de coña… no que din moitas verdades (¡gastar, gastar!):

Así podería ser o novo iPhone 5Coido que este ano a presentación do iPhone 5 vai ser unha das menos sorprendentes, pois filtráronse demasiados detalles que teñen toda a pinta de ser certos como que a pantalla do móbil será 16:9 (ou sexa, que medraría só nunha das súas dimensións), tería modelo 4G (o que en España non serve para nada), mudará o conector da base (como di o vídeo anterior: a gastar en novos accesorios), terá a toma de auriculares na parte inferior (seguindo os pasos do iPod Touch), estrearía deseño de auriculares, pasaría de usar micro-SIM a nano-SIM (detalle moi rompepelotas, pois os primeiros meses vai facer moi complicado usar un iPhone 5 con moitos operadores), a parte traseira sería metálica (para non ter os problemas de fraxilidade do iPhone 4/4S), a batería tería máis capacidade (ao ter unha pantalla de maior tamaño, é ridículo dicilo) e incluso podería ter NFC (algo que sería desexable para o sector en xeral, pois os móbiles con Android e Windows Phone xa adoptaron esta tecnoloxía como se fose Bluetooth, e se Apple non sube ao carro podería ser un problema, tanto para os pagamentos electrónicos como para os accesorios que están a chegar ao mercado).

O Nokia Lumia 920 é un móbil a ter en conta¿Algunha sorpresa? Podería ser, pero non podemos esquecer que Nokia vén de presentar o Lumia 920 cunha impresionante cámara PureView, un sistema de carga inductiva (sen cables) e unha pantalla de máis definición e tamaño que a do iPhone 4S, mentres que Samsung, Sony, Motorola e LG teñen xa móbiles con Android para quitar o hipo. Dá a impresión de que Apple perdeu a súa vantaxe competitiva no mundo dos móbiles, e agora tócalle reforzar software e servizos (algo semellante ao que pasou cando presentou o 4S, que quedou como un iPhone 4 con Siri) para manter o seu pulo. Admitámolo, o iPhone está a vender tan ben porque está de moda, non porque sexa mellor, e esa inercia garántelle unha boa posición durante moitos meses máis, pero non esquezamos a estrepitosa caída de BlackBerry como exemplo de que neste sector tan novo xa hai vítimas. Apple vai telo moi difícil nos vindeiros anos para manterse na cresta da onda. Por sorte, esa carreira competitiva beneficia principalmente ao consumidor.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...