Adeus a Allo

En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...

En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña publicitaria #PresumamosComoGalegos protagonizada por un can de palleiro chamado Allo (na ficción, xa que o seu nome real é Fusco) que non só saía nos anuncios de televisión, senón que chegou a ter páxina web baixo o dominio .gal e contas nas principais redes sociais.

Convídovos a botar un ollo á conta de Instagram de Allo para lembrar o moito que deu de sei este can, que todos lembramos con moito agarimo, xusto ao contrario do que aconteceu coa aplicación de Google, que non a usou nin diola e, de feito, esta semana recoñeceron a cagada e anunciaron que van pechala en marzo de 2019.

Ante tal nova fun mirar se a páxina web de Allo.gal seguía activa, e xa non era así, polo que podemos dicir que os galegos estamos na vangarda, e adiantámonos a Google á hora de botar o peche a Allo.

Dende aquí desexarlle o mellor a Fusco, unha das maiores estrelas do audiovisual galego, e lembrar esa campaña do Gadis, que puxo en valor a raza do can de palleiro:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS