Criticar un espectáculo é unha nova de portada?!

Non é ningún misterio que boa parte da prensa tradicional perdeu o rumbo na Internet e sucumbiu ante a praga do clickbait e dos contidos amarillistas co único obxectivo...

maxia_voz_15317773_1155955564441548_1301129659392863748_nNon é ningún misterio que boa parte da prensa tradicional perdeu o rumbo na Internet e sucumbiu ante a praga do clickbait e dos contidos amarillistas co único obxectivo de captar tráfico lixo por motivos publicitarios, en vez de coidar o rigor e a liña editorial que distinguía a prensa en papel. Deste xeito non sorprende ler certas trapalladas nas edicións en liña dos xornais, pero cando se traslada ao papel… en portada a cousa cambia.

Non sei que cable se lle cruzaría aos de La Voz de Galicia para escandalizarse polo cartel dun número dun festival de maxia en Melide, e chegar incluso a ampliar a información entrevistando ao mago, pero o desta mañá xa é pasarse da raia, pois dedican un artigo ao espectáculo do sábado que só podería cualificarse como artigo de opinión, e non se lles ocorreu nada mellor que colocar o tema como nova de portada, a 4 columnas e con fotografía, coma se fose un terremoto na Sarria.

Dende cando as críticas culturais son nova de portada? E se a cousa fose tan escandalosa, que pinta na edición do luns información do sábado?! (Efectos retardados?!) Estou certo de que a min o espectáculo non me gustaría, pero o xeito de informar do tema paréceme inxustificable, cando menos nunha sociedade moderna.

Estes días en Melide celebrouse un festival de maxia cunha chea de artistas:

cartel do festival de maxia

Que entre todo iso houbese cousas para distintos públicos (dende os máis peques até adultos) parece razoable, pero logo montar un escándalo porque haxa contidos eróticos de dubidosa calidade non é unha nova de máxima actualidade, senón unha crítica que simplemente atende a  unha cuestión de gustos.

A min incluso pásame que ao ver espectáculos dos meus humoristas favoritos saio desencantado, e non se me ocorre pór a parir á administración dos teatros nos que actúan por cederlles o espazo. E non xoguemos a baza dos cartos públicos, porque dun xeito ou outro boa parte os espectáculos culturais teñen financiamento público, aínda que sexa polo mantemento dos locais (que haxa que pagar por asistir ás actividades non quere dicir que a entidade poida sustentarse cos billetes que aboamos).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS