¡Rompe Ralph! ten novo trailer

¡Rompe Ralph!, a película de Disney que este outono promete converterse na Toy Story dos videoxogos, conta cun novo trailer no que confirman todas as boas sensacións que transmitía...

Rompe Ralph
¡Rompe Ralph!, a película de Disney que este outono promete converterse na Toy Story dos videoxogos, conta cun novo trailer no que confirman todas as boas sensacións que transmitía o teaser:

O filme narra as aventuras do personaxe ao que hai que derrotar nun videoxogo dos anos 80 que nunca existiu de verdade (aínda que finxan que non foi así), e que cansa de ser o malo, e salta a outros videoxogos (referencias a videoxogos reais) incluso no mundo real (o novo xogo de carreiras de Sonic tamén permitirá manexar a Ralph). Só polas homenaxes a ducias de videoxogos a película xa paga a pena, pero coido que incluso sen iso estaría moi ben.
Dáme a impresión de que Ralph está inspirado en Donkey Kong, xogo no que naceu Mario (Jumpman), que tiña que enfrontarse a un gorila que tiña secuestrada a unha rapaza. Co tempo, o gorila pasou a ter videoxogos de seu nos que era o protagonista (destaca especialmente a saga Donkey Kong Country) e incluso contou con serie de televisión (que emitiron na Galega). Vaia, que Ralph non parece ser moi orixinal, ¡pero que ninguén comente o mesmo de Pikoro ou Vexeta! 😀

ACTUALIZACIÓN: A estrea de ¡Rompe Ralph! en España estaba previsto para o 30 de novembro, pero no vídeo que hai en YouTube aseguran que a data de estrea será o 25 de decembro. ¡Espero que non nos fagan agardar tanto! Especialmente porque nesas datas vai ser difícil pillar unha sesións que non estea chea de cativos para poder ver o filme con algo de tranquilidade.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS