Los Nativos Digitales No Existen en Compostela

O pasado venres foi a presentación en Santiago de Compostela do libro Los Nativos Digitales No Existen, e aproveitando o evento na cidade, Javier Pedreira Wicho e Fátima García...

O pasado venres foi a presentación en Santiago de Compostela do libro Los Nativos Digitales No Existen, e aproveitando o evento na cidade, Javier Pedreira Wicho e Fátima García Doval Minina de Cheshire achegáronse até a Radio Galega para falar do tema.

Wicho e Fátima falando con Cristina García no programa A Tarde da Radio Galega

A súa intervención no programa A Tarde comezou xusto despois de que asinaran dixitalmente a súa obra nunha pantalla táctil, algo que Wicho recoñeceu que non fixera nunca. Velaquí tedes a intervención de Fátima e Wicho na Radio Galega:

Tras a visita á Radio Galega vaixaron até a cafetería Airas Nunes para presentar á sociedade compostelá a súa obra que está a captar moita atención por parte da cidadanía e dos medios de comunicación.

O acto estivo conducido polo compañeiro da Radio Galega Manuel Vicente, que tirou da lingua a Wicho e Fáctima para que fosen contando detalles do libro e abordando temas de interese para os asistentes, como o uso da tecnoloxía nas aulas, a necesidade de que os pais estean participen da cultura dixital para ser conscientes do que acontece coa súa prole e, en definitiva, para desbotar o feito de que existan os nativos dixitais, xa que os cativos non nacen aprendidos, detalle do que temos que ser moi conscientes para que non haxa varias xeracións de rapaces con serias deficiencias formativas provocadas polo feito de que proxenitores e educadores carecen dos coñecementos necesarios sobre o contorno actual.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS