15 Setembro, 2012
Pola web anda a rular unha imaxe do Linde Leira Fighter dende hai meses, e non sei de onde sairía a idea, pero quería soltala por aquí por se a alguén se lle dá por facer o xogo para móbil 😀
Coido que só por imaxinar os ataques especiais dos personaxes e os seus berros de guerra xa pagaba a pena porque, ¿acaso sabedes o que é un shoryuken, un hadouken ou un sonic boom? ¿Non molaría máis escoitar frases tipo vaste mancar
, vas levar no lombo
ou un sonoro arre me cagho na
? Tamén cundirían expresións de reto do estilo de voute dar unha que imos morrer os dous: ti da hostia, e eu da onda expansiva
. Cando menos entenderíase mellor que o quien eres tú que va pegar linda señorita
do Samurai Shodown.
Debe estar conectado para enviar un comentario.