Marcus, p.i. na Radio Galega

Seguindo unha broma sobre a sintonía da miña sección no programa A Tarde da Radio Galega, pedín ao actor Miguel Pernas que berrase o meu nome para metelo na...

Seguindo unha broma sobre a sintonía da miña sección no programa A Tarde da Radio Galega, pedín ao actor Miguel Pernas que berrase o meu nome para metelo na cabeceira de Magnum, para ter ter así unha peza super friki que emitiuse hoxe por primeira vez en antena e que podedes ver no seguinte vídeo:

Pernas, a quen actualmente podedes ver nas series Pazo de Familia e O Final do Camiño incluso mandou un saúdo para a audiencia da Radio Galega:

Unha pasada que artistas do seu talle se presten a tolerías de frikis coma min. Estou moi agradecido de que fixese posible esta curiosidade que se algún día nos animamos enriqueceremos con algunha parodia en vídeo uo algo así. Eu a camisa hawaiana xa a teño. 😜

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS