Grande éxito da XXVI Festa do Melindre

Admito que este ano quedei moi positivamente coa boa acollida que tivo a XXVI Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional de Melide, pois tras un sábado con moi...

Admito que este ano quedei moi positivamente coa boa acollida que tivo a XXVI Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional de Melide, pois tras un sábado con moi mal tempo, e pese a que o domingo non estivo precisamente un día xoieiros, a vila estivo mañá e tarde ateigada de xente, especialmente durante o pregón de Touriñán.

Hai que admitir que, xa que o tempo non foi o mellor, a promoción fixo moito, e durante as súas últimas semanas escoitamos falar da celebración en moitas cuñas da Radio Galega, no programa A Tarde da radio feito en directo o xoves pasado, con conexións en distintas ocasións dende A Revista da TVG e incluso con mencións dende o Land Rober Tunai Show e o Luar, ou sexa, que non soubo da festa que non o quixo saber. Todo un luxo!

As actividades tampouco estiveron mal, con concertos de Smoke, Escuchando Elefantes, De Vacas e Caxade; charangas; bandas de música; e un espectáculo de maxina para nenos. Unha boa oferta para animar unha fin de semana que adozada con melindres.

Pero o máis salientable foi o pregón de Touriñán, que comezou bastante ben:

Non faltaron os comentarios sobre os de Arzúa e algunha broma coas vilas do lado:

Pero a min sorprendeume máis a cantidade de xente que coñecía entre os novos embaixadores do melindre, xa que estaban figuras como Rubén Rios, Bea Sotelo, Silvia Jato e Belén Baños, moi coñecidos por quen vexa a TVG,  e se sumamos que a condutora da gala era Marta Doviro, e que o pregoeiro era Touriñán… até moitos esqueceron que estaba alí o secretario de Política Lingüística (a quen curiosamente entrevistamos o sábado no programa Banda Ancha da Radio Galega) e o propio presidente da Xunta.

Pero si, por moita celebridade que houbese na Praza do Convento, a xente só tiña ollos para Touriñán, que soubo ser moi atento con todo o público, fartándose a sacar fotografías con todo o mundo, cunha dedicación máis que loable. Todo un figura! Así da gusto celebrar a Festa do Melindre!

O peor desta edición é que agora queda o listón tan alto que será difícil superalo o ano que vén.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS