ExpOtaku meets Zona Otaku

A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...

A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres e o domingo, de xeito que perdinme o día grande, o que foi unha mágoa porque así quedei sen ver algúns cosplays que facíanme ilusión, pero como coincidiu co X Coruña Bloggers resultoume imposible estar en dous sitios á vez. Tería que traballar iso. 😉

Videoxogos

Cando anunciaron que este ano ExpOtaku ía ter a zona de gaming máis grande de Galicia con 2.000 m2 parecía unha simple afirmación gratuíta, pero unha vez que se entraba no recinto era innegable que tivemos o ExpOTaku máis xogador que se lembra.

E non era para menos! Pois este ano había dúas novidades moi importantes que a xente non puidera probar como era debido, como son a PlayStation VR de Sony e a Nintendo Switch. Que houbera tantos postos de realidade virtual era unha gozada, porque así a xente puido probar a experiencia (xa que non serve de nada que cho conten) e os de Nintendo tamén se enrollaron moito, e trouxeron moitísimas Switch e xogos moi destacables como o Street Fighter que saíra á venda xusto o venres e ARMS, que chegará ás tendas a mediados de mes. Coido que é a primeira vez que a unha ExpOtaku achegan xogos sen estrear. Todo un luxo!

Tampouco faltaron ordenadores para participar en intensos torneos e incluso algúns equipos retro, polo que cadaquén atoparía sen problema en que pasar o tempo.

Zona Otaku

Fíxome ilusión coincidir no evento con Laura Varela Fractale, a responsable de Zona Otaku, a quen seguía en YouTube, e a quen por fin desvirtualicei, aproveitando a ocasión para convidala ao programa Banda Ancha da Radio Galega, con quen puiden falar un bo anaco onte:

Durante a Expo, Laura fixo incluso un directo frustrado por mor da cobertura móbil (Que xogoulle malas pasadas), o que non lle impediu que publicase un resumo de ExpOtaku no que menciona que chegaron a xuntarse 12.500 persoas. Toda unha barbaridade para un evento de pagamento.

Iso si, da súa visita a ExpOTaku coido que o mellor foi o seu vídeo cosplay.

Cosplay

Si, o cosplay foi moi variado, e aínda que o nivel pareceume menor que o do ano pasado, había caracterizacións moi interesantes, tanto de manganime (Evangelion, Arale, Sailor Moon…) como de videoxogos (Super Mario, Zelda…) e algunha currada de maquillaxe arrepiante.

Iso si, admito que me chegou moi fondo ver a unha moza cun kigurumi de Pikachu… e unha camiseta de Batman por debaixo! Santos Pikachus! 😆

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Videoxogos de papel

    A nostalxia ten moita forza, e de cando en vez serve de inspiración para fermosas marabillas, como o vídeo de Eric Powers no que fixo un repaso da historia...
  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Jon Secada no Luar

    E se Jon Secada fose un youtubeiro?

    O 13 de setembro foi un día moi especial na Televisión de Galicia xa que volveu á grella da programación o programa Luar contando coa presenza excepcional de Jon...
  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...