RetroCoruña 2012 (e III): consumismo pixelado

Para rematar o repaso de RetroCoruña habería que abordar o curioso equilibrio acadado entre exposición e xogos coa venda de produtos inspirados na cultura dos videoxogos clásicos, que permitía...

Xogar e mercar
Para rematar o repaso de RetroCoruña habería que abordar o curioso equilibrio acadado entre exposición e xogos coa venda de produtos inspirados na cultura dos videoxogos clásicos, que permitía saír do evento con recordos moi representativos.
Floppyderno
O ano pasado xa piraca coa xenialidade do Floppyderno, que consiste en colocar disquetes como tapas de cadernos, acadando así unha aparencia moi característica.
Canela en Rama
As galegas de Canela en Rama, que están estes días estreando presenza nas principais plataformas sociais, foron posiblemente as que tiñan o surtido máis variado de produtos, con colgantes, pendentes, bonecos e moitos outros produtos inspirados en Mario, Kirby e ata en Juego de Tronos.
moza do Pixel Art
Aínda que as que souberon meterse o público no peto foron as coruñesas de El Onigiri con Botas, que non só vendían produtos elaborados con Hama Beads e algunha que outra cousiña máis, senón que tamén sacaban fotografías ás persoas que pasaban por alí coas camisetas máis orixinais, para publicalas despois en Facebook. ¡Todo un detalle!
Frei Guillermo de Baskerville
Do expositor de Puppet Master Crafts resultoume especialmente rechamante o Frei Guillermo de Baskerville feito con Hama Beads, pero outro comprador adiantóuseme, e finalmente volvín para casa cun Lemming de calceta, o que tampouco está nada mal. Por ter, ata vendían unha pucha de R2-D2, aínda que a meirande parte dos visitantes fixábanse máis na criatura de Day of the Tentacle.
babeiros
Os de Tender Pixel Art tiñan uns rechamantes Son Goku e Vexeta feitos con Hama Beads, versións deformed dos personaxes de Street Fighter II e incluso babeiros frikis, para ir traendo ao rego aos máis cativos da casa. 😉
Tender Pixel-Art
Na mesa de Vuibits podías ver as súas creacións tridimensionais, que grazas ao servizo de impresión 3D de Shapeways trae á vida deseños impresionantes como o de Guybrush Threepwood:
Guybrush Threepwood en 3D
Unha mágoa que este tipo de produtos aínda se disparen un pouco de prezo, pero o que deixan claro é que en pouco tempo imos poder ter figuriñas e adornos de case calquera cousa, sen ter que agardar a que goce da suficiente sona como para que se fabrique en serie. O das camisetas e tazas personalizadas é só un adianto do que está por chegar.
Puppet Master
E remato reiterando que os amigurumis (os bonecos de calceta) conseguiron destacar nesta edición de RetroCoruña, simplemente porque había demasiada competencia nos produtos elaborados con Hama Beads, polo que entendo que para o ano que vén haberá que innovar un pouco máis para dar a nota. ¿Con que nos sorprenderán as mozas destas tendas o ano que vén? Si, digo mozas porque se ben nas consolas o público masculino era lexión, cando miramos o mundo das manualidades temos xusto o contrario. Un xeito de conformar unha comunidade paritaria ao redor da cultura do píxel que pode lembrarnos ao que pasa no mundo do cómic/manga/anime, no que tamén existe certa polarización sexual.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • O cine friki de 2017

    Parece que imos ter un 2017 dun friki subido se atendemos ás estreas cinematográficas que, aínda que non teñen unha data totalmente pechada, quedarían aproximadamente do seguinte xeito: 13...
  • Tecnoloxía para o ano 2017

    Esta semana chamáronme do programa Área Pública da Galega para ver se podiamos facer un pequeno adianto do que será a tecnoloxía durante o ano que entra: Aínda que...
  • Agasallos tecnolóxicos na Revista Fin de Semana

    Esta mañá María Solar convidoume a facerlle unha visita polo programa A Revista Fin de Semana da Galega, para falar un pouco de tecnoloxía de cara aos agasallos de...
  • Mañá celébrase o LGx15

    Atopar ao abrir Facebook unha tira de Luís Davila promocionando o LGx15 é todo un pracer e unha honra, e como o evento terá lugar mañá, non está de...