RetroCoruña 2012 (II): as consolas

RetroCoruña 2012 contou unha boa selección de consolas de videoxogos para uso público, entre as que destacaba a Vectrex, cun xogo vectorial de coches que deixou alucinada a Silvia,...

Vectrex
RetroCoruña 2012 contou unha boa selección de consolas de videoxogos para uso público, entre as que destacaba a Vectrex, cun xogo vectorial de coches que deixou alucinada a Silvia, a quen o ano pasado escoitaramos nun relatorio sobre o desenvolvemento de videoxogos.
Duck Hunt
Tamén era moi icónico o Duck Hunt de Super Nintendo, ao que podía xogarse cunha Zapper, e que tiña a máis de un enganchadísimo. Curiosamente o xogo pasou á memoria colectiva polo can que tiña que recoller os patos cazados, que ría do xogador cando fracasaba.
Nintendo 64
Fíxome graza ver a un rapaz botando unha partida cunha Nintendo 64, simplemente polo feito de que coido que a consola tiña máis anos que o cativo. Éche o que teñen os eventos retro, ou o feito de que algúns gustan dos clásicos sen telos vivido no seu día (como acontece co cine e a música).
Dreamcast
Por desgraza, a Dreamcast presente en RetroCoruña tiña o Virtua Tennis, en vez do Soul Calibur, xogo ao que teño un desempate pendente dende o ExpOtaku de 2011, cando a consola queceu (e apagou de súpeto) no terceiro combate e tivemos que deixar de xogar sen saber quen gañaba o pique. 🙁
arcade stick
Aparte doutras consolas, coido que alguén quería fardar de forza, porque cargou cuns mandos arcade xigantes. Postos a ter tremendo becho, coido que compensa ter unha recreativa completa na casa.
Donkey Kong
E para imitar a máquina recreativa de Donkey Kong vese que alguén tivo a idea de colocar o televisor de lado para poder adoptar o seu formato vertical. Quedaba gracioso o conto.
Recreativa
A xa que falaba de recreativas, como en todos os encontros deste tipo, en RetroCoruña non faltou unha, que servía para botar piques a xogos de loita, aínda que eu puiden resistir a tentación. Moitos estarían encantados de ter un moble así na casa, pero por desgraza ocuparía moito.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • O cine friki de 2017

    Parece que imos ter un 2017 dun friki subido se atendemos ás estreas cinematográficas que, aínda que non teñen unha data totalmente pechada, quedarían aproximadamente do seguinte xeito: 13...
  • Tecnoloxía para o ano 2017

    Esta semana chamáronme do programa Área Pública da Galega para ver se podiamos facer un pequeno adianto do que será a tecnoloxía durante o ano que entra: Aínda que...
  • Agasallos tecnolóxicos na Revista Fin de Semana

    Esta mañá María Solar convidoume a facerlle unha visita polo programa A Revista Fin de Semana da Galega, para falar un pouco de tecnoloxía de cara aos agasallos de...
  • Mañá celébrase o LGx15

    Atopar ao abrir Facebook unha tira de Luís Davila promocionando o LGx15 é todo un pracer e unha honra, e como o evento terá lugar mañá, non está de...