LGx15 en YouTube

O pasado 24 de novembro celebrouse a segunda edición do LGx15 organizado pola Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL), e nas últimas semanas foron subindo á súa...

O pasado 24 de novembro celebrouse a segunda edición do LGx15 organizado pola Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL), e nas últimas semanas foron subindo á súa canle de YouTube os vídeos coas intervencións da xornada, que completáronse hoxe mesmo coa miña charla sobre o galego nas TIC.

O cadro de relatores foi moi completo e variado, e a organización portouse magnificamente con todos. Confiemos en que a publicación en YouTube do material sirva para que poida estar ao alcance dos que non puideron achegarse a compartir a experiencia presencial.

Eu, pola miña banda, quería recomendar ver algunha das intervencións, como a de María Yáñez titulada Primavera millennial para o galego, que de seguro que encantará a todos os que forman parte da Xeración Xabarín:

Os responsables de Bolboretas no Bandullo, co seu relatorio Borboreteando coa lingua na Rede descubríronme o concepto de galego postureo:

Rosalía Fernández Rial sorprendeu bastante coa historia de O galego, lingua ártica:

Para concluír, a xeito de autobombo, toca citar a charla E TIC, falas galego? coa que rosmo unha vez máis sobre a situación da nosa lingua no contorno tecnolóxico:

A miña conclusión podería ser que, aínda que non poidamos vivir a tecnoloxía completamente en galego por culpa de interfaces sen localizar, se realmente os nosos contidos e as novas conversas son en galego pouco máis nos ten. De verdade importa que o WhatsApp estea en galego? Se compartimos memes en galego e as nosas comunicacións son en galego, o idioma do medio é irrelevante.

Iso si, habería que destacar a necesidade de crear máis contidos na Internet que estean en galego e en aberto (ou sexa, na web, e non dos xardíns cercados das redes sociais). Pero iso xa é outra historia.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • O podcasting posto en valor

    Hai algo máis dun ano os oíntes do podcast La Órbita de Endor (LODE) coñecemos un experimento de iVoox a través do que ofrecíanse subscricións de pagamento, e finalmente...