¿E se Apple non tivera presentado nada?

Vén de rematar a presentación do novo iPhone 5, e finalmente confirmouse practicamente toda a información que se filtrara nos últimos días, polo que moitos sentíronse decepcionados, pero o...

Vén de rematar a presentación do novo iPhone 5, e finalmente confirmouse practicamente toda a información que se filtrara nos últimos días, polo que moitos sentíronse decepcionados, pero o que tería sido unha sorpresa de verdade é que Apple, agora que ten os petos cheos de cartos, decidise non presentar nada, para que os seus seareiros non se sentisen miserables nos vindeiros meses no caso de non mercar o seu novo terminal. Esa é a idea que vén de interpretar Christopher McDonald para CollegeHumor: 😀

O vídeo resultoume moi divertido, principalmente porque incluso sería posible. De feito, Apple ten unha longa historia de produtos capados, que presentan carencias durante a súa presentación que tardan un par de anos en solucionar, e a xente segue a pasar polo aro.
Co primeiro iPhone a xente queixábase de que non tiña 3G, logo o iPhone 3G non tiña cámara de videoconferencia, o iPhone 3GS tiña unha resolución de pantalla peor que a dos seus competidores… e iso sen contar que os iPhone non permiten intercambiar ficheiros por Bluetooth con outros móbiles (atranco moi importante) ou que non poden cargarse por micro USB (conector recoñecido como estándar a nivel europeo).
iPhone 5
A historia repítese, e agora con máis cinismo todavía, e dende Apple optaron por non introducir no iPhone 5 nin NFC nin un sistema de carga indutiva. O do sistema de carga pode pasarse (polo momento téñeno moi poucos teléfonos), pero o do NFC é unha pifia tremenda, que van ter que corrixir como fixeron desta volta coa pantalla (que é máis grande aínda que teñan que inventar mil historias para xustificalo). Dende Apple aseguran que actualmente o NFC non responde a un problema actual, pero con iso só están a falar do NFC como sistema de pagamento, para todo o demais é unha tecnoloxía moi cómoda para sincronizar sistema sen fíos, activar perfís de uso no móbil e cousas polo estilo. ¿Os de Apple queren ir á súa bola? Pois que lles preste, pero espero non oír a ningún fanboy dicir que o NFC non serve para nada, seguindo os argumentarios de Apple cegamente.
Hoxe é o día no que Apple quedou atrás na carreira tecnolóxica da telefonía móbil, no que se refire a forza bruta (non teremos que agardar ao vindeiro móbil de alta gama con Android para superalo, pois xa hai terminais actuais que o fan, como o Samsung Galaxy S III), pero por sorte continúa a ter un dos terminais máis atractivos (o iPhone 5 destaca por ser delgado e lixeiro) e coas aplicacións máis traballadas. Pero iso pode mudar en calquera momento, polo que deberían andar con moito ollo dende Cupertino, xa que se o vindeiro móbil da compañía segue a ser máis do mesmo, podería comezar a perder esa inercia tan valiosa, grazas á que non paran de facer caixa (como demostra o feito de que poidan timar a alguén 29 euros por un adaptador para poder conectar dispositivos dos vellos iPhone a un iPhone 5).

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...