A Radio Conta chega á súa 4ª edición

Onte foi unha data moi especial para a radio coruñesa, xa que Onda Cero, RadioVoz, RNE, COPE, Radio Marca, Radio Coruña-Cadena SER e Radio Galega uniron forzas por cuarto...

Onte foi unha data moi especial para a radio coruñesa, xa que Onda Cero, RadioVoz, RNE, COPE, Radio Marca, Radio Coruña-Cadena SER e Radio Galega uniron forzas por cuarto ano consecutivo para celebrar A Radio Conta, un encontro solidario que este ano recadaba fondos para a Asociación Agalure (contra a ludomanía).

Eu non puiden acudir a todo programa, xa que coincidía coa miña intervención en directo no programa A Tarde da Radio Galega, polo que agradezo especialmente que publicasen na Rede unha gravación para poder recuperar a experiencia en diferido.

Conseguiron organizar un espectáculo moi divertido, ao que contribuíron figuras como Os da Ría ou Curtis e Teixeiro:

Non faltou Sés cantando, e incluso Paco Lodeiro achegouse até o Teatro Rosalía de Castro para encarnar a Paco Vázquez e entrevistar ao alcalde actual, Xulio Ferreiro, «de los Ferrero Rocher de toda la vida», ese home que viste un look a medio camiño «entre el chorvito formal y el purilocho moderno»:

O peche chegou da man de Marcos San Luís e Antía Díaz entrevistando a Martiño Rivas:

Todo un pracer poder ver en persoa como no mundo da radio en Galicia hai máis compañeiros que adversarios.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • Marcus, p.i. na Radio Galega

    Seguindo unha broma sobre a sintonía da miña sección no programa A Tarde da Radio Galega, pedín ao actor Miguel Pernas que berrase o meu nome para metelo na...
  • Xabaríns na USC

    A semana pasada en Código Cero dimos conta da estrea do xogo Xabaríns na USC, do tolambrán Juan Gestal, a quen ultimamente temos facendo das súas pola cidade da...
  • Los Nativos Digitales No Existen en Compostela

    O pasado venres foi a presentación en Santiago de Compostela do libro Los Nativos Digitales No Existen, e aproveitando o evento na cidade, Javier Pedreira Wicho e Fátima García...