El Onigiri con Botas visita A Tarde (Radio Galega)

Esta tarde Hachiko e Selene de El Onigiri con Botas, tenda de artesanía friki que participou na pasada edición de RetroCoruña, visitaron os estudos da Radio Galega en Santiago...

El Onigiri con Botas na Radio Galega
Esta tarde Hachiko e Selene de El Onigiri con Botas, tenda de artesanía friki que participou na pasada edición de RetroCoruña, visitaron os estudos da Radio Galega en Santiago de Compostela para comentar un pouco o que fan no programa A Tarde, reivindicando dese xeito a subcultura da que participan e que moitos nostálxicos dos píxeles coma puños temos moi presente:


Aparte de dicir que os produtos que elaboran estas rapazas molan mazo, non podo evitar comentar unha pequena confusión sobre o mito de Afrodita A. O que pasaba coa compañeira de Mazinger Z é que si lanzaba os peitos, pero non berraba iso de ¡pechos fuera! (ou sexa, que a frase sería como o tócala otra vez, Sam ou o estás bébeda, Sue Ellen, frases que forman parte da nosa cultura, pero que nunca se mencionaron na súa película ou serie orixinal). Velaquí a proba:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...