As nais e a tecnoloxía en plan Queen

Hai tempo que non comparto ningún vídeo de Oregón TV, pero como esta fin de semana no seu programa renderon homenaxe a Queen cun vídeo facendo burla da tan...

Hai tempo que non comparto ningún vídeo de Oregón TV, pero como esta fin de semana no seu programa renderon homenaxe a Queen cun vídeo facendo burla da tan frecuente dificultade que teñen as anteriores xeracións co uso da tecnoloxía.

Non é a primeira vez que traen a Queen ao programa, e xa parodiaran os temas The Show Must Go On e Friends Will Be Friends.

Atómica

E xa postos a citar a Queen, aproveito para compartir un dos tráilers de Atómica (Atomic Blonde), filme de Charlize Theron, no que empregaron o tema Killer Queen para darlle un toque bastante divertido á súa abundante violencia (o tráiler co Personal Jesus non ten o mesmo encanto).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS