Viñetas desde o Atlántico

  • Viñetas desde o Atlántico renova a súa páxina web

    Tras uns anos padecendo unha páxina web oficial de Viñetas desde o Atlántico un tanto deficiente (seica tiñan problemas para actualizala), por fin temos un espazo renovado, con información sobre os contidos do certame coruñés de banda deseñada con certa antelación, quedando só pendente a comunicación do calendario do...
  • O cartel de Viñetas 2015

    Despois de coñecer o cadro de convidados da vindeira edición de Viñetas desde o Atlántico, chega o cartel oficial, obra de Montse Martín, artista que se achegou pola Coruña o ano pasado: Agora só falta que estreen a nova páxina web do festival para que o sintamos máis preto....
  • Desvélase a listaxe completa de artistas convidados a Viñetas desde o Atlántico

    Pois non estaban mal as sorpresas que nos esperaban para completar o cadro de artistas convidados para a vindeira edición de Viñetas desde o Atlántico! Finalmente confirman que entre o 10 e o 16 de agosto, aparte de Alfonso Zapico, Ana Miralles, Ana Oncina, Chloé Cruchaudet e Joaquín López...
  • Desvelan os primeiros artistas convidados de Viñetas desde o Atlántico

    Este ano a feira do cómic coruñesa, Viñetas desde o Atlántico, non se quere facer de rogar, e tras confirmar que as datas da vindeira edición serán entre o 10 e o 16 de agosto, detallan agora que un ano máis as localizacións centrais serán o Kiosko Alfonso e...
  • O Universo Marvel feito podcast

    Este ano estou a ter serios problemas para poder achegarme a Viñetas desde o Atlántico, por causas de forza maior, pero aínda así procurei facer unha visita lóstrego a última hora da mañá, para poder asistir á gravación dun podcast e saudar a algúns amigos rapidamente. O podcast en...
  • Autobán, dubidú, bambán

    Aínda que Viñetas desde o Atlántico ten unha chea de actividades oficiais, paralelamente tamén se desenvolve o Autobán, un festival de autoedición e banda deseñada de autor, que vai reforzar considerablemente a semana do cómic cunha serie de encontros que poden verse cunha simple ollada: Disque o combate de...
  • Primeiro día de Viñetas desde o Atlántico

    Por fin botou a andar Viñetas desde o Atlántico, festival da banda deseñada que se inaugurou ás 19:30 horas no Kiosco Alfonso, e do que por fin sei o calendario de charlas e conferencias que terán lugar en tal edificio: Martes, 5: 18:00 – 19:15 – Charla Oriol Hernández...
  • Algunha recomendación adicional para a semana do cómic

    E agora que a semana do cómic da Coruña parece xa unha realidade, con Superman recibindo aos visitantes na entrada da cidade, gustaríame facer algunha recomendación máis aló das actividades que indiquei onte. O xoves temos, por exemplo, ás 13:00 horas un obradoiro creativo de Santy Gutiérrez no que...
  • As actividades da carpa de Viñetas desde o Atlántico

    Un ano máis non podo deixar de amosar a miña indignación polo que parece ser a principal eiva de Viñetas desde o Atlántico: a comunicación. A feira supostamente inaugurouse o venres, e hoxe a súa páxina web segue sen actualizar, amosando o cartel do ano pasado e coas contas...
Chíos e rechouchíos