Desvélase a listaxe completa de artistas convidados a Viñetas desde o Atlántico

Pois non estaban mal as sorpresas que nos esperaban para completar o cadro de artistas convidados para a vindeira edición de Viñetas desde o Atlántico! Finalmente confirman que entre...

Pois non estaban mal as sorpresas que nos esperaban para completar o cadro de artistas convidados para a vindeira edición de Viñetas desde o Atlántico! Finalmente confirman que entre o 10 e o 16 de agosto, aparte de Alfonso Zapico, Ana Miralles, Ana Oncina, Chloé Cruchaudet e Joaquín López Cruces, tamén teremos na Coruña a brillante ilustrador José Antonio Godoy Cazorla Keko, a preciosista Mai Egurza, a Raquel Córcoles de Moderna de Pueblo e a Martín Romero, a quen hai poucos meses puidemos ver en Alita Comics presentando os seus Episodios Lunares.

Ao final a organización cumpriu a súa promesa de montar unha edición moi feminina, aínda que decepcionoume un chisco o detalle de que entre as artistas confirmadas non estivese Kelly Sue DeConnick, quen confiaba que se achegase un ano destes por ter relación profesional coa autora galega Emma Ríos. A ver temos sorte outro ano, e achégase para presentar a secuela de Pretty Deadly ou algo semellante.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS