Algunha recomendación adicional para a semana do cómic

E agora que a semana do cómic da Coruña parece xa unha realidade, con Superman recibindo aos visitantes na entrada da cidade, gustaríame facer algunha recomendación máis aló das...

superman_alfonso_molina

E agora que a semana do cómic da Coruña parece xa unha realidade, con Superman recibindo aos visitantes na entrada da cidade, gustaríame facer algunha recomendación máis aló das actividades que indiquei onte.

O xoves temos, por exemplo, ás 13:00 horas un obradoiro creativo de Santy Gutiérrez no que os rapaces que asistan poderán facer o seu propio cómic, estando dirixida a actividade a rapaces de entre 7 e 15 anos. Curiosamente é na carpa de Viñetas e non sae no programa do que din conta onte.

Logo tamén temos ás 19:00 horas, grazas á Libraría Cascanueces, a Luís Davila asinado exemplares do seu célebre O Bichero. Unha boa oportunidade para quen nunca estivo con Davila en persoa.

vila_debuxantes_01

vila_debuxantes_02E outra cousa que non podo deixar pasar é que durante Viñetas poderemos facernos cun exemplar de A Vila dos Debuxantes do Norte, un recompilatorio de obras dos alumnos da escola profesional de banda deseñada e ilustración O Garaxe Hermético, que xa puiden ter nas miñas mans dende hai uns días por cortesía de Kiko da Silva, é que está especialmente recomendado para todos os que mercan as guías das exposicións e todo ese material con ánimo de servir como documentación futura. Cando dentro duns aniños poidamos ver algunha obra de Quique Veiga, Andrés Laxeira, Zé Nuno Fraga, Daniel Corrada, Nuno Cunha, Eli, Alexandre Senade, Inés Vázquez, Ánxela López ou Rubén G. Ramallo, entre outros, poderemos recuperar o tomo cunha mostra dos seus primeiros pasos, e facernos así unha mellor idea da súa evolución. Parece que temos canteira de autores, agardemos con consigan madurar e garantir así a renovación futura, para que casos como David Rubín, José Domingo ou Emma Ríos non sexa unha excepción.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS