As actividades da carpa de Viñetas desde o Atlántico

Un ano máis non podo deixar de amosar a miña indignación polo que parece ser a principal eiva de Viñetas desde o Atlántico: a comunicación. A feira supostamente inaugurouse...

Os Simpson no Ágora

Un ano máis non podo deixar de amosar a miña indignación polo que parece ser a principal eiva de Viñetas desde o Atlántico: a comunicación. A feira supostamente inaugurouse o venres, e hoxe a súa páxina web segue sen actualizar, amosando o cartel do ano pasado e coas contas oficials de Twitter e Facebook sen publicar nada dende o pasado 7 de xullo. Paréceme unha grandísima falta de respecto aos asistentes ao evento, especialmente para os que veñen de lonxe, que vense impotentes á hora de programar as súas visitas á Coruña durante a semana do cómic, por falta de información, algo que nos tempos que corren é inxustificable.

Por sorte, dende o blog das Bibliotecas Municipais tiveron a amabilidade de publicar o programa de actividades da carpa de Viñetas, o que xa é unha boa axuda:

Homer e Maggie no ÁgoraDía 1. Venres

18.00 Apertura da Feira do Cómic.

18.15 Obradoiro Hama Beads. Mangalego – Alita Cómics.

Día 2. Sábado

18.00 Torneo de Yu Gi Oh, organizado por Mangalego.

19.00 Obradoiro de escritura publicitaria creativa a cargo da Escola Superior Marcelo Macías.

20.00 Torneo de consolas. A cargo de Mangalego

Día 3. Domingo

18.00 Concurso DDR de baile, a cargo de Mangalego.

19.00 Iniciación aos Wargames.

Día 4. Luns

18.00 Obradoiro de Yu Gi Oh, con premios para os gañadores. Alita Cómics

Día 5. Martes

19.00 Torneo Magic. Alita Cómic.

20.00 Obradoiro de creatividade publicitaria a cargo da Escola Superior Marcelo Macías.

Día 6. Mércores

13.00 Charla coloquio de Cecilia Marchetto: Fillos do ceo e do inferno. Unha investigación da relación literaria entre a obra de William Blake e de Allan Moore.

19.00 Presentación do libro Cómics desde Hickisville, de Dylan Horrocks.

20.00 Obradoiro de deseño de personaxes, a cargo da Escola Superior Marcelo Macías.

Día 7. Xoves

12.00 Marvel Cómics en 2014: Da viñeta ao cine. Charla coloquio dos integrantes do Podcast Universo Marvel. Participan no acto Fernando Benítez Rodríguez, Ignacio Pena Taboada , Guillermo González Serer e Bruno José Lorenzo Teijo.

13.00 Presentación do cómic Nordés, de Kike J. Díaz, autor e editor do libro.

18.00 Kike J. Díaz asina o seu cómic Nordés na caseta da Alita Cómics.

19.00 Mesa redonda /charla coloquio: Fotoxornalismo e conflito, a propósito do cómic El fotógrafo, coa participación de Antón Fraga, fotógrafo e profesor da USC. Miguel Anxo Prado, debuxante de cómic e Mariam Rodríguez, expatriada de Médicos Sen Fronteiras. Modera Iván Serrano, coordinador do Club de Lectura de Cómics das Bibliotecas Municipais da Coruña.

20.00 Teoría da cor: Charla coloquio a cargo da Escola Superior Marcelo Macías.

Día 8. Venres

12.00 Presentación da revista El Arca de las Historietas, de varios autores, publicada por Zona 84 Editorial.

13.00 Presentación do cómic Nacho Camacho, de Jano e Rodrigo Costa, publicado por Demo Editorial.

18.00 Zombies nos xardíns. Sesión de balde de maquillaxe zombi na carpa de actividades.

Á mesma hora, no Kiosco Alfonso, o autor de Walking Dead asinará exemplares do cómic.

19.00 Obradoiro de cubeecraft para nenos. Actividade organizada polas Bibliotecas Municipais da Coruña.

20.00 Presentación do cómic Fiz, o neno máis porco do mundo. Nova edición da divertida BD de Kiko Dasilva.

20.00 Firma de Tokio, autor do cómic A causa do crime, na caseta da libraría Kómic.

Día 9. Sábado

12.00 Presentación da revista Lowcost, de varios autores, publicada por Zona 84 Editorial.

13.00 Presentación do cómic A causa do crime, do autor Tokio, publicado por Demo

18.00 Presentación do libro A vila dos Debuxantes do Norte. Novo cómic dos alumnos do Garaxe Hermético, Escola Profesional de Banda Deseñada de Galicia. Asistirán os Mestres: Kiko da Silva, Fernando Iglesias, Fran Bueno e Miguel Porto, mais os alumnos do Garaxe Hermético.

18.00 Emma Ríos asina na caseta de Alita Cómics.

18.30 Sinaturas de Tokio, autor do cómic A causa do crime, na caseta de Consorcio Editorial.

19.00 Obradoiro de cubeecraft para nenos. Actividade organizada polas Bibliotecas Municipais da Coruña.

20.00 Concurso Cosplay con premios. Alita Cómic.

Día 10. Domingo

12.00 Charla sobre ilustración de libros e contos infantís a cargo da Escola Superior Marcelo Macías.

18.00 Obradoiro de iniciación a Magic con agasallo de Mazos. Alita Cómics.

22.00 Peche da Feira do Cómic

En vista de tal programación, e sabendo que o venres e o sábado tamén hai o Autobán (co seu prometedor combate de debuxantes do venres, as súas mesas redondas do sábado e o Pecha Kucha co que pechan a noite do sábado), coido que a meirande parte das actividades están demasiado concentradas en poucos días (incluso dá a impresión de que Viñetas non comeza até o martes), o que non é necesariamente malo, pero que admito que non me gusta, porque hai varias actividades interesantes á mesma hora, e ter que elixir non gusta. De feito, dubido moito que vaia poder cumprirse o programa que puxen, pois aparece unha sesión de sinaturas de Emma Ríos ás 18:00, que supoño que se adiará un bo anaco, xa que a artista participa até as 18:15 horas nunha mesa redonda sobre os roles de sexo no cómic no Old School da rúa División Azul (a pouco máis dun quilómetro da ¿praza da BD?).

ACTUALIZACIÓN (3-8-2014): Por fin publicaron o cartel da presente edición de Viñetas na súa páxina web oficial. Non foi sen tempo! 🙁

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS