Aínda que Viñetas desde o Atlántico ten unha chea de actividades oficiais, paralelamente tamén se desenvolve o Autobán, un festival de autoedición e banda deseñada de autor, que vai reforzar considerablemente a semana do cómic cunha serie de encontros que poden verse cunha simple ollada:
Disque o combate de debuxantes é a rehostia (o ano pasado incluso houbo que tivo que conformarse con velo dende a rúa), a experiencia de Rubín con Itermón tamén resulta curiosa (o autor comentou que a campaña da ONG baseada en banda deseñada foi das que mellor resultado deu) e as mesas redondas prometen ser do máis interesante (aínda que a que modera Nieves Rodríguez paréceme a máis interesante, seica Emma Ríos quere soltar algún comentario bastante provocador nas súas intervencións).
Os mozos do Autobán incluso teñen un trailer de seu:
Algunha desculpa para faltar ao que montan estes entusiastas da banda deseñada?
Debe estar conectado para enviar un comentario.