• O trailer de Iron Man

    Xa levan bastante tempo a falar da rodaxe da película de Iron Man (un dos poucos heroes famosos de Marvel que non tiveran ningunha adaptación con actores reais ata o momento pola súa complexidade técnica), dirixida por Jon Favreau, quen está ata os collóns de que os afeccionados acosen...
  • The IT Crowd chega a España

    O pasado sábado vin dun tirón os 6 episodios da primeira tempada de The IT Crowd da Channel 4 británica (tíñaos gravados dende hai moitos meses, e atopeinos por casualidade) polo que o domingo non puiden evitar ver pola noite os 2 primeiros episodios da segunda tempada e, á...
  • Bertez en Galicia Hoxe

    En Galicia Hoxe publican este domingo unha entrevista a Berto Yáñez, o administrador de Chuza!: Berto Yáñez: “O ‘blogomillo’ naceu coa crise do Prestige” Berto Yáñez é o creador de Chuza!, un portal de información no que a importancia das novas a deciden os propios usuarios da páxina. Considera...
  • Jericho e os ordenadores minoritarios

    Esta semana rematou a primeira tempada da serie Jericho, da que gustei bastante, pero que foi un tanto maltratada na súa emisión (algo que lle pasa a outras series na mesma liña coma Desaparecida ou 24) e que, se hai sorte, terá unha segunda tempada que promete ser interesante....
  • Visitas de agosto

    O outro día déuseme por mirar cómo foran as visitas deste blogue e levei unha sorpresa porque normalmente a cousa vai moi mal no verán. Supoño que será cousa de que a temática desta web é de lecer, e os temas sobre Melide teñen mellor acollida durante o verán...
  • Unha revista para Melide

    En vista do exito e do moito que dan de falar os distintos boletíns que circulan por Melide (de partidos políticos e de asociacións empresariais) quixera propor a creación dunha revista cultural ó estilo da seguinte: ¿Non credes que tería éxito? Ah, a moza da portada é unha das...
  • Continúa a polémica coa débeda do Concello de Melide (o PP responde ás acusacións do BNG e do PSdeG)

    Capullito de Alhelí informounos de que na web do Concello de Melide publican un comunicado oficial sobre a débeda municipal: O NOVO GOBERNO DE MELIDE TEN QUE FACER FRONTE A 3 MILLÓNS DE EUROS DE DÉBEDA ECONÓMICA As numerosas facturas pendentes de pago ascenden a 2 millóns de euros...
  • Satoko Shinashi

    Satoko Shinashi é unha xaponesa mona como podedes ver na seguinte imaxe: Pero resulta que a moza é loitadora (en plan WWF), cun estilo que deixa a Hulk Hogan, Lex Luger ou o Último Guerreiro á altura do betún, como podes ver no seguinte vídeo: Non son fan deste...
  • ¿Récord de taquilla?

    Este serán nos informativos daban a seguinte nova: Rob Zombie continúa la saga la película de terror Halloween con un gran éxito Desde que John Carpenter crease al asesino de Halloween, muchos han sido los que se han atrevido a continuar con la saga de Michael Meyers. El último,...