The IT Crowd chega a España

O pasado sábado vin dun tirón os 6 episodios da primeira tempada de The IT Crowd da Channel 4 británica (tíñaos gravados dende hai moitos meses, e atopeinos por...

The IT CrowdO pasado sábado vin dun tirón os 6 episodios da primeira tempada de The IT Crowd da Channel 4 británica (tíñaos gravados dende hai moitos meses, e atopeinos por casualidade) polo que o domingo non puiden evitar ver pola noite os 2 primeiros episodios da segunda tempada e, á hora de xantar, vin o episodio 3 (o último, polo momento) e teño que recoñecer que é unha das serie máis divertidas que vin na miña vida, aínda que moitos detalles só os pillan os frikis.
Este último episodio comeza cun brutal anuncio anti-piratería (curiosamente incluído nunha copia pirata dunha película):
Está a converterse nun vídeo de sona mundial grazas a que saíu en Boing Boing (polo que está a ser replicado en moitísimos blogs) e a min fíxome botar unhas risas pero non é nada comparado a momentos absurdos de cada episodio (especialmente os protagonizados por Moss). Iso si, a sátira sobre o tamaño dos televisores é magnífica:
FBI Warning
Ah, pero para os que non coñezades a serie, infórmovos de que vai dun par de informáticos, Roy e Moss, que teñen unha nova xefa, Jen, e que teñen que dar soporte a todo un edificio de oficinas dende un cotroso soto no que incluso teñen a un gótico encerrado tras unha porta vermella. A serie está chea de referenzas televisivas e cinematográficas, así coma informáticas, de xeito que a frase de guerra é «¿intentaches apagalo e volvelo a acender?» e as situacións son do máis absurdo que vin en moito tempo.
Os que non gosten de ver series en versión orixinal, veñen de anunciar que a partires de novembro The IT Crowd se vai a emitir por Canal+, o que abriría a porta á súa comercialización en DVD sen ter que tirar do Amazon británico (onde, por outra banda, anuncian que terán a segunda tempada en DVD o 1 de outubro, xa que estas series son moi curtas). Incluso sacarán un pack coas dúas tempadas xuntas, o que dá a entender que iso de facer series de 6 ou 8 episodios sae moi a conta.
menú do DVD de The IT CrowdCoido que esta é unha das series que paga a pena mercar en DVD aínda que só sexa por ver o seu menú en plan xogo en perspectiva filmation (coma os de Jon Ritman).
Sobra dicir que todo apunta a que poderían lanzar pronto unha versión norteamericana da serie, ¿verdade? O que pasa é que en EE.UU., en vez de facer media ducia de episodios asombrosos son capaces de facer tempadas de 24 capítulos mediocres. Crucémolos dedos.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS