O trailer de Iron Man

Xa levan bastante tempo a falar da rodaxe da película de Iron Man (un dos poucos heroes famosos de Marvel que non tiveran ningunha adaptación con actores reais ata...

Xa levan bastante tempo a falar da rodaxe da película de Iron Man (un dos poucos heroes famosos de Marvel que non tiveran ningunha adaptación con actores reais ata o momento pola súa complexidade técnica), dirixida por Jon Favreau, quen está ata os collóns de que os afeccionados acosen a todo o persoal do filme para intentar adiantar detalles da mesma, polo que na última Comic-Con de San Diego amosou un trailer da película, pero que segundo o director non estaba rematado (daba para ver unha vez, pero os detalles non estaban pulidos) e hoxe estreou unha versión a tutti churrasco, cunha calidade caralluda, da que aquí poño unha versión cutreada en YouTube:
Paga a pena ver o vídeo na páxina oficial de Apple, onde está en Quicktime en versións de distinto tamaño, incluíndo os de alta definición e mesmo unha versión para o iPhone, pero para botar unha ollada rápida a versión de YouTube ben chega 😉

A peli ten realmente boa pinta, e parece bastante fiel ó cómic. Non sei se Tony Stark na película vai ter serios problemas coa bebida (supoño que deixarán tal para unha posible secuela) ou se aparecerá algún malvado clásico (aínda que teño entendido que está desmentida a presenza do Mandarín), pero a orixe do Home de Ferro é moi semellante á estándar (lembremos que cada poucos anos se redefinen os personaxes para adaptalos ós tempos que corren).
Podemos falar moito do filme, pero aínda queda tanto para a estrea (o 2 de maio de 2008) que o mellor é agardar e pasalo ben co adianto que temos polo momento.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Unha semana para Wonder Woman

    A primeiros de mes estreouse nunha chea de países o filme de Wonder Woman, polo que levo moitos meses esperando con ilusión, principalmente para poder comprobar se queda esperanza...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • Supergirl promociona o filme de Wonder Woman

    A pasada noite a serie de televisión de Supergirl despediu a súa segunda tempada, e aproveitaron a ocasión para facer publicidade do novo filme de Wonder Woman protagonizado por...
  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...