• Bos Días á netiqueta

    Esta mañá sorprendéronme na sección de protocolo do Bos Días da TVG falando das normas básicas de comportamento na Rede, o que tradicionalmente coñécese por netiquette, netiqueta ou ciberetiqueta: Este tipo de cousas, en vez de falarse na televisión, deberían ensinarse na escola, pois é lamentable que a xente...
  • A partir de hoxe, Rede e Liberdade

    Consideramos imprescindible a retirada da disposición final primeira da Lei de Economía Sustentable polos seguintes motivos: 1.-Viola os dereitos constitucionais en que se ha de basear un estado democrático en especial a presunción de inocencia, liberdade de expresión, privacidade, inviolabilidade domiciliaria, tutela xudicial efectiva, liberdade de mercado, protección de...
  • Blu:brain, outra oportunidade perdida

    Estes días choven as informacións sobre o Blu:brain, un trebello que pretendía revolucionar o consumo de contidos audiovisuais no fogar cun disco duro multimedia capaz de gravar o sinal da TDT de alta definición, e que anunciouse hai ano e medio, pero que finalmente no chegará ao mercado ata...
  • Bos Días ás consolas de videoxogos

    Esta mañá, dada a proximidade do Nadal, falei con Carlos Amado e Xesús Peleteiro no Bos Días da TVG das consolas de videoxogos: Está claro que é unha cuestión de gustos. Eu son usuario da Xbox 360, e de usar unha portátil, optaría pola PSP, pois admito que as...
  • O Faro de Vigo publica unha entrevista ao melidense David Rodríguez

    A xornalista Sara Rivas vén de avisarme de que no Faro de Vigo publican unha entrevista ao meu bo amigo David co gallo dunhas xornadas sobre as TIC na PEME: DAVID RODRÍGUEZ – Consultor de aplicaciones informáticas “El futuro del pequeño comercio pasa por las nuevas tecnologías” “Ofrecen grandes...
  • Bos Días á polémica do peche de webs sen autorización xudicial

    Esta mañá no Bos Días da TVG falamos do polémico anteproxecto de Lei de Economía Sustentable que presentou estes días o Goberno, e que a través dunha Comisión de Propiedade Intelectual dependente do Ministerio de Cultura, abriría a porta á posibilidade de pechar o acceso a páxinas web sen...
  • Falan no Telexornal do peche de páxinas web que vulneren os dereitos de autor

    No Telexornal da TVG sacaron hoxe a Berto Yáñez falando das consecuencias da aprobación da Lei de Economía Sustentable limitando os dereitos dos usuarios da Internet en favor da protección dos dereitos de autor: Ese tema tamén será do que trataremos mañá no Bos Días, pero desa volta, con...
  • Manifesto en defensa dos dereitos fundamentais na Internet

    Durante o día de hoxe quedei farto de ler en practicamente todos os blogs españois que sigo un manifesto en defensa dos dereitos fundamentais na Internet ao que se adhiren milleiros de blogueiros ante a letra pequena da Lei de Economía Sostible, na que colaron no seu borrador (aínda...
  • A evolución no almacenamento de datos

    Despois do nostálxico tema de onte, atopei en Boingboing un gráfico que publican en Geekologie no que ilustran rapidamente a evolución do almacenamento de música e datos nos últimos anos: O gráfico parte dos diskettes, dando a entender que nunha memoria USB poderiamos meter uns 100.000 diskettes, e que...