Bos Días á polémica do peche de webs sen autorización xudicial

Esta mañá no Bos Días da TVG falamos do polémico anteproxecto de Lei de Economía Sustentable que presentou estes días o Goberno, e que a través dunha Comisión de...

Esta mañá no Bos Días da TVG falamos do polémico anteproxecto de Lei de Economía Sustentable que presentou estes días o Goberno, e que a través dunha Comisión de Propiedade Intelectual dependente do Ministerio de Cultura, abriría a porta á posibilidade de pechar o acceso a páxinas web sen intervención xudicial, o que a meirande parte dos usaurios da Internet entendemos coma un atentado aos dereitos fundamentais, coma precisou o blogueiro Pedro Goretoxo Silva, mentres que José Manuel Tournet, representante da Federación para a Protección da Propiedade Intelectual, defendía a outra cara da moeda:

Á mesma hora, Isidoro Valeiro falaba en RadioVoz con Javier Wicho Pedreira, Patricia Ferrol e Tati Mancebo do mesmo tema, nunha interesante tertulia:

Gustaríame ter participado na tertulia, pero claramente non podía estar en dous sitios á vez. A ver se noutra ocasións retomamos o asunto.

Sen saír do tema, durante a pasada tarde realizaronse unha serie de concentracións por toda España para manifestar o malestar cidadán sobre o asunto, aínda que temo que ao estarmos en véspera de ponte festiva a afluencia foi moi reducida.
Na TVG cubriron o paseo que tivo lugar na Coruña, e falaron do asunto con Víctor Grande (¡coida ese arrefriado, neno!):

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Aínda que parece que a mobilización cidadá foi ridícula, o feito é que bastante maior do que sería de agardar, xa que no pasado, concentracións semellantes (como as que realizáronse contra o canon dixital) contaron con moitos menos participantes. Vese que é máis doado convocar á xente na Rede que facelo no mundo real e, de feito, o efecto do manifesto publicado estes días foi moi superior do que tería unha manifestación multitudinaria, polo que igual deberiamos centrarnos na Internet para as reivindicacións relativas á mesma (por coherencia).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS