Bos Días á netiqueta

Esta mañá sorprendéronme na sección de protocolo do Bos Días da TVG falando das normas básicas de comportamento na Rede, o que tradicionalmente coñécese por netiquette, netiqueta ou ciberetiqueta:...

Esta mañá sorprendéronme na sección de protocolo do Bos Días da TVG falando das normas básicas de comportamento na Rede, o que tradicionalmente coñécese por netiquette, netiqueta ou ciberetiqueta:

Este tipo de cousas, en vez de falarse na televisión, deberían ensinarse na escola, pois é lamentable que a xente moza non saiba cómo debe comportarse na Internet, e que pensen que un correo electrónico é como unha mensaxe de texto no móbil ou confundan o que manifestan en redes sociais con conversas privadas entre compañeiros.
Tamén habería que respectar a intimidade dos demais, e non subir imaxes e vídeos nos que saian amigos e coñecidos sen o seu consentemento e moitas outras normas que cómpre seguir para que a convivencia na Rede sexa como a do mundo real, e ao igual que non cuspimos aos veciños á cara, na web tamén temos que comportarnos axeitadamente.
E para rematar: ¡morte á arroba coma indicador de xénero neutro! (pois confúndese cun enderezo de correo electrónico por parte de moitas aplicacións).

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS