Manifesto en defensa dos dereitos fundamentais na Internet

Durante o día de hoxe quedei farto de ler en practicamente todos os blogs españois que sigo un manifesto en defensa dos dereitos fundamentais na Internet ao que se...

Durante o día de hoxe quedei farto de ler en practicamente todos os blogs españois que sigo un manifesto en defensa dos dereitos fundamentais na Internet ao que se adhiren milleiros de blogueiros ante a letra pequena da Lei de Economía Sostible, na que colaron no seu borrador (aínda lonxe de ser aprobado) unha modificación da LSSI e da LPI que permitiría a creación dun organismo administrativo dependente do Ministerio de Cultura a través do que fose posible pechar páxinas web que vulnerasen os dereitos de autor, o que ten toda a pinta do mundo de ser inconstitucional, e a todas luces sería un abuso, por antepor os dereitos de autor aos dereitos fundamentais.
Non sei coma teñen os collóns de intentar artellar un mecanismo que permita o peche de páxinas web que hoxen en día un xuíz non é quen de pechar por non ser ilegais. De feito, coma o texto continúe adiante, o primeiro que deberían facer é pechar Google, que é o maior facilitador de contidos protexidos por dereitos de autor sen autorización.
Así pois, pese a que estou bastante saturado do tema, vou publicar aquí un manifesto que a estas horas subscriben uns 13.000 blogs, e que está composto por 10 puntos:

1.- Os dereitos de autor non poden situarse por riba dos dereitos fundamentais dos cidadáns, como o dereito á privacidade, á seguridade, á presunción de inocencia, á tutela xudicial efectiva e á liberdade de expresión.
2.- A suspensión de dereitos fundamentais é e debe seguir a ser competencia exclusiva do poder xudicial. Nin un peche sen sentenza. Este anteproxecto, en contra do establecido no artigo 20.5 da Constitución, pon nas mans dun órgano non xudicial -un organismo dependente do Ministerio de Cultura-, a potestade de impedir aos cidadáns españois o acceso a calquera páxina web.
3.- A nova lexislación creará inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, prexudicando un dos poucos campos de desenvolvemento e futuro da nosa economía, obstaculizando a creación de empresas, introducindo atrancos á libre competencia e ralentizando a súa proxección internacional.
4.- A nova lexislación proposta ameaza os novos creadores e obstaculiza a creación cultural. Con Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratizáronse extraordinariamente a creación e a emisión de contidos de todo tipo, que xa non proveñen prevalentemente das industrias culturais tradicionais, senón de multitude de fontes diferentes.
5.- Os autores, como todos os traballadores, teñen dereito a viviren do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades asociadas ás súas creacións. Tentar soster con cambios lexislativos unha industria obsoleta que non sabe adaptarse a este novo contorno non é nin xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio se baseaba no control das copias das obras e en Internet non é posíbel sen vulnerar dereitos fundamentais, deberían procurar outro modelo.
6.- Consideramos que as industrias culturais necesitan para sobrevivir alternativas modernas, eficaces, cribles e accesibles e que se adecúen aos novos usos sociais, en lugar de limitacións tan desproporcionadas como ineficaces para o fin que din perseguir.
7.- Internet debe funcionar de forma libre e sen interferencias políticas auspiciadas por sectores que pretenden perpetuar obsoletos modelos de negocio e imposibilitar que o saber humano siga a ser libre.
8.- Esiximos que o Goberno garanta por lei a neutralidade da Rede en España, ante calquera presión que poida producirse, como marco para o desenvolvemento dunha economía sostíbel e realista de cara ao futuro.
9.- Propoñemos unha verdadeira reforma do derecho de propiedade intelectual orientada ao seu fin: devolver á sociedade o coñecemento, promover o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.
10.- En democracia as leis e as súas modificacións deben aprobarse tras o oportuno debate público e tendo consultado previamente todas as partes implicadas. Non é de recibo que se realicen cambios lexislativos que afectan a dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que versa sobre outra materia.

É bastante máis doada de entender a versión resumida de El Pito Doble:

1. Ramoncín se vaya al peo.
2. La ministra nos la suda.
3. Vais a romper intenné.
4. A que dejamos de jugar y os coméis una mierda
5. Renovarse, coño. En intenné el más tonto hace relojes.
6. ¿He dicho ya que Ramoncín al peo?
7. No nos toquéis los cojones.
8. Mi intenné es mía y me la follo cuando quiero.
9. Busquemos otras soluciones, Garrafa creará soluciones.co.rank para ello
10. Escuchad a Edans y David Bravo, coño.

Vaia, que os políticos poderían ter un pouco de sentidiño antes de intentar aprobar leis deste tipo, que non fan outra cousa que abusar da confianza dos cidadáns.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS