-
Esta semana finalmente veu a luz Te quiero, pero, unha nova serie de televisión con capítulos de só 10 minutos que aposta por unha distribución exclusiva a través da Internet, que está rodada en Galicia e foi desenvolvida por galegos, entre os que destaca o seu produtor executivo, guionista...
-
Onte visitei o programa A Solaina por primeira vez, coincidindo co segundo día en antena dos seus novos presentadores, Beatriz Manjón e Sevi Martínez, facéndome especial ilusión coincidir con Sevi, pois temos coincidido en moitas ocasións nas ondas da Radio Galega e nas páxinas de Código Cero. O tema...
-
Tras unha longa espera, a ETB 2 botou onte pola noite o programa Escépticos, que incluso puido verse en directo mediante streaming, no que parece que vai ser unha cita obrigada para todos os amantes do rigor científico. Como os responsables do programa saben que na Internet este programa...
-
Veño de levar toda unha sorpresa ao ver que no Telexornal da TVG sae Melide para reivindicar ao xa famoso Ferrari, burro que está feito todo un campión:...
-
No informativo do mediodía en V Televisión emitiron unha reportaxe sobre o fenómeno dos tablets como dispositivos que poderían ameazar ao PC, o que non me parece que sexa unha postura moi realista a curto prazo, por múltiples motivos. Iso si, a nova non comezaron con moi bo pé...
-
De cativo vía en TVE a serie dos Pitufos, e anos máis tarde fixérame moita ilusión poder velos na TVG, cunha tradución e dobraxe moi divertidas, especialmente polos nomes que tomaban os simpáticos seres azuis (Pitufo Cacharulo, Pitufo Sabido, Pitufo Lambón…), e cando hai pouco vin que nalgunhas televisións...
-
Aínda estou escachando coa risa co último vídeo de Ok Go no que se xuntan cos Teleñecos (Muppets): Gocei especialmente da escena do minuto 1:31 e o delirio que comeza no minuto 2:44. 😀 Para os que non lembren quen son os Ok Go, velaquí está o seu vídeo...
-
Para moitos buscar a Wally entre moreas de xente era todo un divertimento, pero hoxe propóñovos buscar ao robot cinematográfico Wall·E: Sei que é moi doado atopar á cativa criatura robótica de Disney, pero o que me fixo graza deste poster (que en breve estará dispoñible para a súa...
-
A moitos non lles dirá nada o nome de Jaleel White, pero se digo que era o actor que facía de Steve Urkel en Cosas de Casa igual cambia a cousa e debuxan na súa faciana un sorriso. Pois iso fixen eu ao ver que é o protagonista do...