Móbiles accesibles en A Solaina

Onte visitei o programa A Solaina por primeira vez, coincidindo co segundo día en antena dos seus novos presentadores, Beatriz Manjón e Sevi Martínez, facéndome especial ilusión coincidir con...

Beatriz Manjón e Sevi Martínez
Onte visitei o programa A Solaina por primeira vez, coincidindo co segundo día en antena dos seus novos presentadores, Beatriz Manjón e Sevi Martínez, facéndome especial ilusión coincidir con Sevi, pois temos coincidido en moitas ocasións nas ondas da Radio Galega e nas páxinas de Código Cero.
O tema a comentar foron os móbiles accesibles, tema que decidiron abordar para contrastar un chisco co que parecía que ía ser o tema do día (o novo iPhone):

O programa pareceume moi divertido, aínda que está claro que con Isi no plató o raro sería o contrario. E tras a miña intervención estiveron os Matalobos por alí, de xeito que vin a Luis Iglesia en persoa, a quen admiro dende o verán, non polo seu traballo na pantalla, senón por ser quen de pór a voz ao dicionario de pronuncia da lingua galega (ler 60.000 palabras sen que se noten as horas de gravación que veñen detrás, e cunha pronuncia impecable, ten moito mérito).

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS