Urkel volve dando a nota

A moitos non lles dirá nada o nome de Jaleel White, pero se digo que era o actor que facía de Steve Urkel en Cosas de Casa igual cambia...

A moitos non lles dirá nada o nome de Jaleel White, pero se digo que era o actor que facía de Steve Urkel en Cosas de Casa igual cambia a cousa e debuxan na súa faciana un sorriso. Pois iso fixen eu ao ver que é o protagonista do novo vídeo musical de Cee Lo Green (o do Fuck You):

O que non me sorprendería é que, tras este breve retorno (aínda que realmente nunca marchou e, entre outras cousas, é a voz do ourizo azul de SEGA na televisión), alguén chamase a White para algún que outro proxecto interesante (e con repercusión internacional).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS