Te quiero, pero

Esta semana finalmente veu a luz Te quiero, pero, unha nova serie de televisión con capítulos de só 10 minutos que aposta por unha distribución exclusiva a través da...

Rodaxe de Te Quiero, Pero
Te Quiero PeroEsta semana finalmente veu a luz Te quiero, pero, unha nova serie de televisión con capítulos de só 10 minutos que aposta por unha distribución exclusiva a través da Internet, que está rodada en Galicia e foi desenvolvida por galegos, entre os que destaca o seu produtor executivo, guionista e director, Carlos Gulías (Pablo, na ficción), ao que algúns lembrarán por algunhas reportaxes históricas de Código TV ou por ser exhorcitado en antena 😉
Ángel Seoane e Carlos Gulías
Comparte as súas funcións nesta curiosa serie co sempre amable Ángel Seoane (Álvaro, na ficción), dando forma a 8 capítulos que empregan como recurso narrativo os comentarios que fan os seus personaxes (agás Grace, auténtica estrela da serie) en plataformas de redes sociais (non especifican se usan Twitter, Facebook, Google+ ou Tuenti). Unha proposta interesante que, aínda que abusa de risas enlatadas, serve para pasar un bo rato:

Agora queda ver se o segundo capítulo (que poderemos ver a partires do luns 17) segue na mesma liña ou se cada entrega ten un corte diferente. Estaremos atentos.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS