¿Que hai de <em>Os Pitufos</em> (non <em>Los Pitufos</em>) en DVD?

De cativo vía en TVE a serie dos Pitufos, e anos máis tarde fixérame moita ilusión poder velos na TVG, cunha tradución e dobraxe moi divertidas, especialmente polos nomes...

Los Pitufos - El cielo está cayendoLos Pitufos - El PituforobotinLos Pitufos - La mejor memoria de la aldea
Los Pitufos - Magia PotagiaDe cativo vía en TVE a serie dos Pitufos, e anos máis tarde fixérame moita ilusión poder velos na TVG, cunha tradución e dobraxe moi divertidas, especialmente polos nomes que tomaban os simpáticos seres azuis (Pitufo Cacharulo, Pitufo Sabido, Pitufo Lambón…), e cando hai pouco vin que nalgunhas televisións locais estaban a emitir a serie dos tristes sucedáneos que eran os Snorkels, botei moi en falta ao Pitufos, e quedei sorprendido ao ver que a súa serie non estaba editada en DVD, pero agora, grazas ao seu aniversario e á película que está a verse nos cines, por fin rescatan esta serie en DVD, pero non sen repetir a infamia que supón que deixen de lado a Galicia no proceso, pois a edición que este verán ponse á venda permite gozar aos seguidores de Los Pitufos, els Barrufets e Pottokiak, pero aos que gozabamos de Os Pitufos… ¡que nos dean!
Non sei se a culpa da ausencia do galego na nova edición en DVD dos Pitufos é culpa da súa editora ou da TVG por non ceder as pistas de audio (como teñen apuntado no pasado con outras series) pero deberían facer algo para evitar que a historia continúe repetíndose. Xa farta que sempre poñan atrancos para poder gozar das series de televisión da nosa infancia na lingua na que as coñecimos e a cousa non está a mellorar, pois agora que tamén temos discos Blu-ray atopamos que practicamente as únicas películas en galego dispoñibles son de Filmax Animation ou están protagonizados por Luis Tosar como Celda 211 e . 🙁

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Jon Secada no Luar

    E se Jon Secada fose un youtubeiro?

    O 13 de setembro foi un día moi especial na Televisión de Galicia xa que volveu á grella da programación o programa Luar contando coa presenza excepcional de Jon...
  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...
  • Un mundo infernal

    Unha das series de televisión de máis éxito da miña infancia foi Dragones y Mazmorras, da que incluso puidemos ver adaptación en banda deseñada da serie e incluso unha...