A emerxencia das tablets en V Televisión

No informativo do mediodía en V Televisión emitiron unha reportaxe sobre o fenómeno dos tablets como dispositivos que poderían ameazar ao PC, o que non me parece que sexa...

No informativo do mediodía en V Televisión emitiron unha reportaxe sobre o fenómeno dos tablets como dispositivos que poderían ameazar ao PC, o que non me parece que sexa unha postura moi realista a curto prazo, por múltiples motivos.

Iso si, a nova non comezaron con moi bo pé a nova:

El PC pierde sitio en el escritorio
Las tablets son uno de los productos tecnológicos en auge. Ante la decisión de algunas compañías, como HP, de dejar de fabricar ordenadores para pasar a producir tabletas, se teme que este sea el fin del pc. Los teléfonos móviles, cada vez más completos y otros avances han condenado a la desaparición al PC de sobremesa de toda la vida. En la calle, de momento, abogan por un convivencia pacífica entre los dispositivos.

Habería que comezar por matizar o titular: os PC non perden o sitio no escritorio por mor dos tablets xa que os tablets non son de escritorio. Pero a metedura de zoca da introdución da nova é que comentan que HP deixará de fabricar ordenadores para facer tablets, a cousa é moi diferente: HP anunciou que vai vender a división de informática persoal (como xa fixo IBM hai anos, pasándolle o negocio á chinesa Lenovo) e precisamente o primeiro produto que matou do seu catálogo foi a tablet HP TouchPad (buscan centrarse no mercado empresarial, que é o que lles sae a conta). Resulta que na práctica o iPad é o único tablet que realmente ten mercado, e iso está a pasarlle factura aos competidores de Apple.
Co que tampouco podo concordar é coas declaracións dun dos comerciais da tenda coruñesa Play (reseller de Apple) ao asegurar que non caeron as vendas de ordenadores. As vendas caeron en España considerablemente (Gartner fala dunha caída interanual dun 41,3% durante o segundo trimestre do ano), pero iso non quere dicir que o iPad estea a quitar vendas aos ordenadores, senón que a economía española está tocada.
Teremos que agardar meses (quizais anos) para poder analizar ben a situación das tablets no mercado, pois ata que exista unha competencia real neste sector (que podería chegar en 2012) só estamos a falar dun produto en concreto en vez dunha familia de trebellos. Supoño que cando poidamos adquirir tablets cunhas prestacións decentes por entre 100 e 200 euros o panorama mudará significativamente, o que agradecerán principalmente as compañías que queren aproveitar ese sector emerxente para facer negocio producindo contidos para un soporte tan atractivo.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Fisterra sucumbe ao carbono modificado

    A pasada fin de semana rematei de ver a serie Altered Carbon en Netflix, historia baseada no libro Carbono Modificado no que preséntase un futuro no que é posible...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • Gayoso xa ten figura Pop! de Funko

    A pasada noite no programa Luar da Televisión de Galicia o melidense Manuel DeAndrade tivo a ben entregarlle a Xosé Ramón Gayoso unha figura Pop! inspirada na súa persoa,...
  • Os capos da Galega saltan ao baleiro

    O grupo coruñés Nortones estrea vídeo musical, Salto Al Vacío, da xente de Dreamovie, e que contou con moitas caras coñecidas: Un puntazo poder ver xuntos aos principais capos...