-
O pasado venres o programa La Otra Vía de V Televisión foi un dos máis interesantes, ao abordar o tema da crise do cine saberdo abordar moitas das faces desta problemática, o que normalmente resulta complicado cando sentamos nunha mesa a representantes dunha industria e non aos seus consumidores....
-
¿Que teñen en común Los Lobos de Arga, Celda 211 e También la Lluvia? Pois, aparte de que contan dúas delas coa presenza de Luis Tosar, son as únicas 3 referencias que atopo en blu-ray.com que contan con pista sonora en galego, e aínda que non é unha listaxe...
-
O ilustrador francés Sylvain Sarrailh ten unha colección de imaxes en DevianART na que amosa a numerosos personaxes de series de televisión, películas de animación e videoxogos coma se fosen uns macarras, cun resultado tan arrepiante como divertido. Algunhas das ilustracións que me pareceron máis significativas son as seguintes:...
-
¡Estou en shock! ¡Non dou crédito ao que vexo! O 25 de abril chegará a Portimão e o 2 de maio a Navarra unha xira europea que promete ser do máis grande que se fixo nunca para celebrar as décadas dos 80 e 90 ¡con David Hasselhoff como presentador!...
-
Tras uns meses de pausa, David Serantes volve a V Televisión é á sección de Tendencias de La Voz de Galicia cun novo vídeo patrocinado por El Corte Inglés no que realiza certos apuntamentos sobre as tendencias sen fíos: Aínda que a moitos parézalles aínda cousa do futuro iso...
-
Parece que non vou parar de pór vídeos do programa Oregón TV, pois continúa con xenialidades como o Vivir sin luz de Maná co gallo da suba da luz que nos colou o Goberno ás agachadas: Fíxome especial graza que ao final do tema musical soltasen un «apaga a...
-
Tras o éxito do Sin WhatsApp, sin WhatsApp os de Oregón TV atrévense agora a versionar a Los Chichos cantando sobre a Internet e o Facebook: ¡Dálle ao Gústame, Juana! ...
-
Non sabía que no Saturday Night Live tiñan sketchs clásicos do mundo dos superheroes como os que están a recuperar na súa canle de YouTube, entre os que destaca especialmente o de 1979 que conta con Margot Kidder facendo de Lois Lane, Bill Murray de Superman, Jim Belushi de...
-
Unha campaña promocional do iogur grego de Danone nos EE.UU. está a xuntar a John Stamos, Bob Saget e Dave Coulier, os protagonistas de Padres Forzosos, e o anuncio televisivo que emitirán na Super Bowl xa está dispoñible na Rede: Nos vindeiros días veremos máis anuncios protagonizados polo trío...
Debe estar conectado para enviar un comentario.