20 Febreiro, 2014
O ilustrador francés Sylvain Sarrailh ten unha colección de imaxes en DevianART na que amosa a numerosos personaxes de series de televisión, películas de animación e videoxogos coma se fosen uns macarras, cun resultado tan arrepiante como divertido.
Algunhas das ilustracións que me pareceron máis significativas son as seguintes:
Atreverse con clásicos como Winnie The Pooh e Bambi ten mérito, pero sorpréndeme bastante que o autor lembrase a Babar. Aínda así, parecéronme máis graciosas as achegas a personaxes máis recentes como as Supernenas, Dora Exploradora ou os Teletubbies.
Debe estar conectado para enviar un comentario.