O galego desaparece do audiovisual en soporte físico

¿Que teñen en común Los Lobos de Arga, Celda 211 e También la Lluvia? Pois, aparte de que contan dúas delas coa presenza de Luis Tosar, son as únicas...

películas en blu-ray con pista de audio en galego

¿Que teñen en común Los Lobos de Arga, Celda 211 e También la Lluvia? Pois, aparte de que contan dúas delas coa presenza de Luis Tosar, son as únicas 3 referencias que atopo en blu-ray.com que contan con pista sonora en galego, e aínda que non é unha listaxe exhaustiva (tamén teñen audio en galego, entre outros, filmes como Tomates Verdes Fritos, El sexo de los ángeles, Invasor e La novia de Chucky, e creo lembrar que tamén Pradolongo) paréceme moi preocupante, pois ata hai poucos anos tiñamos ducias de DVD que saían coa opción de escoitarse en galego, pero na actualidade a nosa lingua parece estar a esquecerse, de xeito que non só é practicamente inexistente en Blu-ray, senón que incluso está a desaparecer nas reedicións de obras publicadas inicialmente coa pista sonora en galego, como as películas animadas de Tintín e Astérix.

A reedición dos filmes animados de Astérix presentan unha imaxe máis coidada, pero perde no camiño o audio en galego

A reedición dos filmes animados de Astérix presentan unha imaxe máis coidada, pero perde no camiño o audio en galego

Paréceme lamentable que non poidan mercarse en Blu-ray os debuxos animados que vin na miña infancia, e que o único material para nenos que vexo en galego no mercado doméstico son algúsn DVD de Doraemon, Shin Chan e Son Goku (que na súa meirande parte teñen bastantes anos) mentres que as edicións dos debuxos dos Pitufos, de Arale e de moitas outras obras que se traduciron no seu día á nosa lingua seguen a ignorarnos (mentres que si teñen en conta aos cataláns). Non sei de quen será a culpa, pero cando menos xa teño un motivo para botar en falta a Filmax, editora que era das poucas que procuraba ter en consideración ao galego.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS