Tras uns meses de pausa, David Serantes volve a V Televisión é á sección de Tendencias de La Voz de Galicia cun novo vídeo patrocinado por El Corte Inglés no que realiza certos apuntamentos sobre as tendencias sen fíos:
Aínda que a moitos parézalles aínda cousa do futuro iso de coller contidos do móbil e velos no televisor, estamos ante unha tecnoloxía consolidada, que adóptase con facilidade en canto se adquire un novo televisor (o de empregar accesorios para facer tal aínda é un atranco para moitos), pois evita o ter que andar facendo circular un smartphone ou tablet polas mans de todos os membros da familia para ver unha fotografía ou un vídeo que vimos na Rede, nos mandaron por WhatsApp ou captamos nós mesmos. Superar a barreira entre os dispositivos persoais e os compartidos é unha tendencia, como ben apunta David, e fai ben en difundilo, pois é algo a ter en conta cando mercamos novos dispositivos.