Superheroes no Saturday Night Live: ¡Bill Murray é Superman!

Non sabía que no Saturday Night Live tiñan sketchs clásicos do mundo dos superheroes como os que están a recuperar na súa canle de YouTube, entre os que destaca...

festa de superheroes no Saturday Live Night

Non sabía que no Saturday Night Live tiñan sketchs clásicos do mundo dos superheroes como os que están a recuperar na súa canle de YouTube, entre os que destaca especialmente o de 1979 que conta con Margot Kidder facendo de Lois Lane, Bill Murray de Superman, Jim Belushi de Hulk e Dan Aykroyd de Flash:

Coido que a imaxe de Murray como Superman vouna lembrar toda a vida. Iso si, o actor, por motivos evidentes, non estivo presente nun vídeo semellante gravado en 1992 para conmemorar a morte de Superman nos comics, no que podía verse o funeral do Home de Aceiro, con algunhas coñas bastante simpáticas (o discurso de Hulk, a aparición de Rayo Negro, a caracterización de Robin, a ausencia de Clark Kent…) e a participación de moitos actores coñecidos (Adam Sandler como Flash, Rob Schneider facendo de Jimmy Olsen, David Spade de Aquaman, Dana Carvey de Batman, Chris Rock de Robin, Chris Farley de Hulk e Sinbad de Rayo Negro):

De feito, o dos actores de peso nas coñas do SNL é algo habitual, e incluso hai uns anos contaron con Steve Buscemi para un sketch bastante divertido no que fan burla das últimas películas de Batman:

É toda unha sorte poder contar con plataformas como YouTube para poder recuperar todas esas xoias que no seu día non se puideron ver dende España.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS