-
Antón comentoume que a súa irmá Mavi tiña estes días unha exposición no Edificio Multiusos de Melide, aínda que quedei algo sorprendido polo feito de que non se anunciase de ningún xeito, agás unha pequena referencia na páxina web do Concello. A exposición titúlase Rapazadas e inclúe imaxes como...
-
En Código Cero estamos a xogar un pouquiño cos podcasts, e comezamos ofrecendo a subscrición ao programa de tecnoloxía da Radio Galega que comezou o pasado sábado, Banda Ancha, e coas miñas intervencións no Expreso de Medianoite da Radio Galega e no Bos Días da Televisión de Galicia. Estes...
-
Esta fin de semana, no Expreso de medianoite da Radio Galega falei con Pepe Carreira do que eran os lectores de libros electrónicos: Coido que este tipo de trebellos están chamados a ser unha moda, ou sexa, que no futuro existirán coma dispositivos multi-propósito, ora integrados en teléfonos móbiles,...
-
O outro día pedíronme consello sobre mercar un disco duro multimedia, e diven que facer algo sen precedentes: detallar que hai unha grande diversidade de trebellos que xa non son tan básicos como hai un ano, senón que agora tamén inclúen alta definición de verdade e gravación de televisión,...
-
A pasada noite comezou o Expreso de medianoite na Radio Galega e estiven a comentar con Pepe Carreira as novidades que Apple presentou esta semana no tocante aos seus reprodutores multimedia portátiles: O certo é que o cambio do iPod nano foi toda unha sorpresa, pois o feito de...
-
Esta mañá, ou como din eles «el 7 a las 7», botou a andar esRadio, unha emisora de radio que emite na Comunidade de Madrid cunha licenza de seu (quedando a Cope fóra das adxudicacións no concurso público pertinente) e que pode escoitarse no resto de España de diversos...
-
Este serán pasei por RadioVoz para falar un pouco do follón da TDT de pago en España: A algúns igual sorpréndelles iso de que a TDT de pago xa funcionou en España entre maio de 2000 e xuño de 2002, pois Quiero TV funcionaba antes de que a xente...
-
Esta mañá Fernando Molezún entrevistou en Voces de Galicia de RadioVoz a un tal Juan Carlos Sanmiguel, que seica é o nome que os pais puxeron a Sami 😉 , para falar da que están a armar no contorno das casetas desta edición de Viñetas desde o Atlántico. Aínda...
-
Na madrugada entre o sábado e o domingo, e co gallo do Beers & Blogs coruñés, convidáronnos a Raúl LordMaX, Xosé Ramón Nóvoa e a un servidor a participar no programa da Radio Galega Máis Berberechos, para falar do que ían os encontros blogueiros e os nosos respectivos blogs....