Tertulia blogueira na Radio Galega

Na madrugada entre o sábado e o domingo, e co gallo do Beers & Blogs coruñés, convidáronnos a Raúl LordMaX, Xosé Ramón Nóvoa e a un servidor a participar...

Cristina García
Na madrugada entre o sábado e o domingo, e co gallo do Beers & Blogs coruñés, convidáronnos a Raúl LordMaX, Xosé Ramón Nóvoa e a un servidor a participar no programa da Radio Galega Máis Berberechos, para falar do que ían os encontros blogueiros e os nosos respectivos blogs.
O programa conducido por Cristina García foi bastante relaxado, en boa medida porque era máis unha conversa entre amigos que unha entrevista radiofónica, o que debería servir para que a audiencia botase un ollo tanto ao blog de Hello Galicia como ao de Antes de Nacer, pois quedou claro o interese destes espazos sen ter que facerlles publicidade descarada, e resultando evidente que as parroquias de ambos espazos son bastante diferentes.
Coido que ás horas de emisión do programa os interesados no tema estarían ocupados noutras cousas (non precisamente en durmir), polo que publico aquí unha gravación do mesmo:

E o vídeo de YouTube que comenta Cristina é o seguinte:

Rematada a primera hora do programa chegou a clásica sección coñecida coma Tertulia de Tías, na que levei a sorpresa de que o convidado especial era Bernardo Nogueira:
Sonia López e Bernardo Nogueira
Había bastante tempo que non vía a Bernardo, quen era un colaborador habitual de Correo TV. Molan este tipo de coincidencias.
Tamén estaba por alí Sonia López, o que resultaba un tanto rariño porque unhas horas antes estaban a botar pola TVG o seu programa A Marbela.
Evelia Isabel Carballo
Completaban a tertulia Evelia Isabel Carballo e uns melindres que pillei no Estilo un pouco antes do programa 😉

Para rematar comentamos un pouco os problemas do roaming de datos, que poden dar máis dun susto. O mellor para evitar problemas, coma sempre, é informarse (e fiarse o mínimo das operadoras de telefonía).

Podedes escoitar esta segunda sección dende aquí:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • O podcasting posto en valor

    Hai algo máis dun ano os oíntes do podcast La Órbita de Endor (LODE) coñecemos un experimento de iVoox a través do que ofrecíanse subscricións de pagamento, e finalmente...