«No nos gusta el Capitán Morcilla»

Esta tarde no programa Banda Ancha da Radio Galega puidemos conversar un anaco co cacereño Ángel Tirado, apaixonado dos videoxogos de 8 bits de finais dos anos 80 e director...

Esta tarde no programa Banda Ancha da Radio Galega puidemos conversar un anaco co cacereño Ángel Tirado, apaixonado dos videoxogos de 8 bits de finais dos anos 80 e director de documentais, decidiu plasmar nunha das súas producións o espírito da Idade de Ouro do Software Español, esa época na que a informática estaba a entrar nos fogares a través de ordenadores como o ZX Spectrum, o Amstrad CPC, o MSX ou o Commodore, que tiñan o lecer como principal uso, e que propiciaron a creación dunha industria que en España foi especialmente potente, de xeito que considérase que era o mercado de maior produción de videoxogos para ZX Spectrum detrás do Reino Unido (país no que Sir Clive Sinclair creara o produto).

O documental producido baixo o selo Tarkemoto ten xa un vídeo de adianto no que permítenos ver unha mostra da cantidade de figuras do sector que participan na reportaxe, que como fío condutor ten a creación do videoxogo Capitán Sevilla (do que o propio Ángel Tirado era un dos responsables do seu apartado gráfico), que serve así de exemplo para ilustrar a cultura de creación independente que tan fondo callara na época.

 

xogando_co_spectrumO título do documental é No nos gusta Capitán Morcilla! (en referencia ao título que inicialmente ía ter o xogo, pero que mudou por outro máis comercial), conta cunha páxina de Facebook na que van contando os seus avances, e precisamente a través da mesma sabemos da participación no documental de Álvaro Mateos, David Brioso e Manuel Gascó (entre outros dos responsables do xogo Capitán Sevilla), Daniel Celemín e Luís García Ventura (autores dun remake de Capitán Sevilla distribuído baixo código aberto), Víctor Ruíz (un dos máximos responsables de Dinamic Software), Gonzo Suárez (de Opera Soft, aínda que actualmente sexa máis recordado pola creación de Pyro Studios, compañía na que naceu a serie de xogos Commandos), Adonías (experto en videoxogos e un dos responsables de Mondo Píxel), Rafael Corrales (director de Retro Madrid) ou Iván Fernández Lobo (presidente da Academia das Artes e das Ciencias Interactivas). En definitiva, un nutrido grupo de profesionais que poden dar moi boa conta do que era o sector dos videoxogos en España na época dos ordenadores de 8 bits, e que No nos gusta Capitán Morcilla! permitiranos lembrar cando a produción vexa a luz en breve en Canal Sur, no que será a estrea do documental que confiamos que acabe pasando por outras canles de televisión para facilitar a divulgación de como era o proceso de creación dun videoxogo no tempo dos 8 bits.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Videoxogos de papel

    A nostalxia ten moita forza, e de cando en vez serve de inspiración para fermosas marabillas, como o vídeo de Eric Powers no que fixo un repaso da historia...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...