Estreo podcasts en iTunes (en probas)

En Código Cero estamos a xogar un pouquiño cos podcasts, e comezamos ofrecendo a subscrición ao programa de tecnoloxía da Radio Galega que comezou o pasado sábado, Banda Ancha,...

O podcast de Bos Días en iTunes
En Código Cero estamos a xogar un pouquiño cos podcasts, e comezamos ofrecendo a subscrición ao programa de tecnoloxía da Radio Galega que comezou o pasado sábado, Banda Ancha, e coas miñas intervencións no Expreso de Medianoite da Radio Galega e no Bos Días da Televisión de Galicia.
Estes contidos xa os estaba a publicar con certa frecuencia no blog, pero coa nova canle de distribución pretendo facilitar a súa reprodución a quen queira acceder os contidos dende un reprodutor multimedia portátil compatible con iTunes (coma os iPod e o iPhone).
As ligazóns para os distintos podcasts son as seguintes:
Banda Ancha
Bos Días
Expreso de Medianoite
Continuarei a publicar os contidos no blog, pero agora tamén estarán dispoñibles para levar, o que non deixa de ter o seu aquel, aínda que dubido que haxa moitos interesados en descargar semanalmente as nosas elucubracións nas ondas.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS