Confírmase o cristo da TDT de pago

Este serán pasei por RadioVoz para falar un pouco do follón da TDT de pago en España: A algúns igual sorpréndelles iso de que a TDT de pago xa...

Este serán pasei por RadioVoz para falar un pouco do follón da TDT de pago en España:

A algúns igual sorpréndelles iso de que a TDT de pago xa funcionou en España entre maio de 2000 e xuño de 2002, pois Quiero TV funcionaba antes de que a xente coñecese as siglas que identifican á Televisión Dixital Terrestre, e que non son universais: nos EE.UU. chámanlle DTT, en Francia TNT, pero ao final o mellor xeito de identificar os trebellos que fagan uso deste tecnoloxía é buscar se o seu sintonizador é DVB-T.

Iso si, a imaxe que están a dar nos medios da TDT de pago está moi distorsionada, e mentres moitos son moi críticos coa media do Goberno (con moita razón) outros esaxeran as bondades do sistema:

Teñen o morro de dicir que a TDT de pago mellora a oferta audiovisual cando para meter canles deste tipo quitan outras que xa hai, de xeito que reducen a oferta de balde para incrementar a de pago. Tamén enchíaselles a boca dicindo que poderiamos mercar partidos de fútbol por 1 euro (¿mande?), contidos en alta definición (¿u-los?) e a porta aberta a concertos, películas e series (algo que estará por ver).
O certo é que todo iso da TDT de pago era innecesario para o público (hai plataformas de televisión de pago coma R, Digital+ ou Imagenio, polo que iso do monopolio é un conto) e responde directamente a que Mediapro (La Sexta) acumulaba dereitos futbolísticos que non lograba explotar axeitadamente en boa medida porque a canle Gol Televisión estaba a ser un rotundo fracaso (pretendían metela en todas as plataformas de televisión de pago, e os operadores das mesmas non quixeron tragar) e así atopan na TDT unha solución de urxencia, que de seguro que vai facer pupa a Digital+.
Para comezar, Digital+ Liga é un paquete que inclúe 2 partidos de liga por xornada (1 do Madrid ou do Barcelona) que custa 15 euros ao mes (¡qué coincidencia!), mentres que Gol TV incluirá un partido máis na súa oferta da Liga BBVA, pero non hai que esquecer que La Sexta continuará a emitir un partido en aberto, e que nas plataformas de pago anteriores seguirán a estar presentes os partidos de pago por visión. Vaia, que hai que facer contas, pois igual iso de Gol TV non é tan boa oferta, e queda claro que está lonxe do prometido (1 euro/partido).
Agora incluso hai unha complicación adicional: os receptores de Gol TV aínda non están á venda. Hai moitas dúbidas de que cheguen ao mercado a tempo, e a primeira xornada de liga parece ser que vai quedar fóra de Gol TV na TDT (aínda que non no resto de plataformas dixitais) de xeito que durante as emisións dos partidos para os que Gol TV ten dereitos de emisión de pago (ou sexa, que non pode emitir en aberto) verase unha imaxe como a seguinte:

Vaia, que o comezo de Gol Televisión na TDT de pago vai ser bastante accidentado, con moita desinformación (orixinada precisamente polos seus promotores) e moitos problemas para colocar no mercado receptores de TDT compatibles.
TDT7000
Polo momento xa están confirmados 2 receptores de Engel: o RT7000 e o RT7010. Son os que eu alcumo coma o normal e o cutre, como podedes constatar mirando a parte traseira dos mesmos:
Decos por detrás
O RT7010 é un dos receptores de TDT máis cutres que podemos ver no mercado, polo que non debería nin pórse á venda. Aínda que o RT7000 pareza que só cambia por contar con saídas de audio, o certo é que a súa gran diferenza está no sintonizador de televisión, que é de moita máis sensibilidade, de xeito que sería imprescindible para todos os que vivan nunha zona na que a cobertura da TDT non sexa boísima (e incluso ten un sistema de detección automática de canles, o que agradecerán os que non controlen moito do tema).
Pero o que resulta realmente rechamente é que ningún dos receptores oficiais de Gol TV no seu lanzamento conte con saída HDMI (o que fastidiará a quen teña un televisor moderno), pero o que aínda é peor é que non figura en ningures que teñan soporte de televisión en alta definición nin de interactivos (MHP) polo que estariamos a falar de trebellos practicamente obsoletos, pois agárdase que tras en 2010 chegue a TDT de alta definición (con pouca oferta inicialmente) polo que igual en 1 ou 2 anos habería que tirar co novo receptor, o que é un despropósito, coma ilustra JMV no seu Miércoles en la redacción:
A TDT de pago según JMV
Quen estea interesado na TDT de pago, e poida aguantar unhas semanas sen contratala, posiblemente páguelle a pena agardar a que lancen novos receptores (que van saír, de xeito que practicamente todos os fabricantes terán un adaptado á TDT de pago), aínda que os usuarios que terán menos complicacións serán os que teñan un televisor con espazo para un adaptador PCMCIA que permita a súa actualización (pasando por caixa pero aforrando ter un trasto máis na casa… ¡e un mando a distancia!).

ACTUALIZACIÓN (27-8-2009): Menudo trío montamos Wicho, JMV e un servidor. Todo froito da consecuencia, pois JMV remite as tiras a 233grados con certa antelación, a min citáronme para falar do tema en RadioVoz o martes e Wicho escribiu o seu artigo antes de ler o meu. Curiosamente todos coincidimos no mesmo: o da TDT de pago é un lío.
Algunha xente podería entender que estas críticas son retrógradas, o que sería difícil de xustificar por parte de 3 afecionados ás TIC (si, JMV tamén é bastante tecno-friki), pero precisamente responde ao contrario. Tal e cómo están a levar o asunto estase a retrasar o avance televisivo.
Gustaríame que en vez de centrarse en chuminadas como a televisión de pago, centrasen os esforzos na alta definición e nas emisións en anamórfico, tema que posiblemente comente nos vindeiros días.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS