• Enrique Banet e Mabel Rivera arremeten contra a TVG

    Se temos figuras ilustres no panorama audiovisual galego poderiamos dicir que Enrique Banet (realizador do programa de televisión Senda Verde, e persoa comprometida co medioambiente) e Mabel Rivera (actriz que recibiu numerosos premios tanto en Galicia como fóra e que foi unha das poucas persoas que deixou o xugo...
  • Somos unha potenzia: o programa moucho

    Esta semana, pese ó nefasto cambio de horario, o programa de Somos unha potenzia foi moi digno, e incluso diría que gañou moito en ritmo (especialmente se o comparamos ó da semana pasada). O primeiro bloque do programa contou co adestrador do Celta de Vigo, Fernando Vázquez, que se...
  • Somos unha potenzia… ¡en Tonechos!

    A semana pasada Somos unha potenzia empezou tarde porque estreaban un programa dos Tonechos, polo que hoxe fun mirar a hora do programa de Carlos Blanco para non ter que aturar antes a Roberto e a Víctor facendo o conas por aí, e, cando non me cría o que...
  • Busco a Jack (Bauer)

    Este domingo ás 22.00 horas comeza a quinta tempada de 24, una orixinal serie que parte do feito de que os seus episodios van en tempo real, de xeito que incluso cando vemos os anuncios no medio dos episodios a historia segue o seu curso, resolvéndose a situación en...
  • ¡Hijos de fruta!

    Seguro que nos últimos días víchedes o anuncio televisivo de Nutribén: Pois na Internet están a comentar que xusto no medio do spot o rapaz día algo así como hijos de fruta polo que coidan que deberían lavarlle a boca con xabrón. Se facemos unha transcrición do que di...
  • Ninjas vs. Pizzeros

    Na edición da Mariña de La Voz pódese ler o seguinte: Dos viveirenses disfrazados de ninja agreden y roban a un repartidor de pizzas en Celeiro Los jóvenes viveirenses D.M.R., de 22 años, y S.P.M., de 20, fueron detenidos por funcionarios del Cuerpo Nacional de Policía como presuntos autores...
  • Wicho fala de YouTube

    Xa que lembrei a aparición de Catuxa en Plató Abierto, agora tócalle á segunda aparición de Wicho no mesmo programa, esta vez falando de YouTube: Parte 1: Parte 2: O que di Wicho (as dúbidas sobre o modelo de negocio de YouTube) xa se vén dicindo dende a creación...
  • ¿Qué pasou en Somos unha potenzia?

    Non sei se eu sería o único, pero quedei un tanto sorprendido polo que fixo a TVG co programa Somos unha potenzia. Por unha banda, parece que cada día comeza máis tarde (xa non é un programa dos luns, senón do comezo do martes) e, pola outra, a gravación...
  • Catuxa en Localia

    Durante a Xantanza estivemos a facer varias coñas sobre pillar cobertura Wi-Fi en distintas zonas para facer encontros máis blogueiros se cabía, polo que empezamos a mencionar sitios curiosos nos que había acceso á Internet sen fíos, coma unha adega preto do Parque de Europa (A Coruña), mentres que...